Campionato do Mundo de Maratón - Domingo

Campionato do Mundo de Maratón – Domingo


A derradeira xornada do campionato sería para as embarcacións dobles absolutas.

A mañá comezou coa competición do C2 masculino ás 8.45 (UTC+8), no que a dupla de Tono Campos e Diego Romero estreaban combinación nun mundial, polo seu lado, Óscar Graña (compañeiro de Romero o ano pasado) participou con Pedro Areal. A saída puxo en cabeza ao C2 nacional de Campos e Romero, á embarcación polaca de Zuchora e Borgiel e ás parellas húngaras de Lazci-Nagy e Docze-Simon; a mala saída de Graña e Areal fixo que sufriran nas contraolas e tivesen que buscar auga limpia por ambas saídas. Pasada a metade da carreira, o C2 de Campos e Romero mantívose en cabeza xunto coa embarcación polaca e un C2 húngaro, mentres que o de Docze e Simon foi alcanzado pola parella de Graña e Areal. Tras coller a última ciaboga e comezar o sprint final, os húngaros quedáronse atrás, comenzando un duelo entre Campos-Romero e polacos, que finalmente resultou na victoria dos galegos.

O K2 femenino tivo lugar a continuación, no que unha gran saída formou a un completo grupo conformado pola embarcación da lucense Tania Fernández e a grovense Tania Álvarez, a parella da conquense Arantza Toledo e a zumaiarra Irati Osa, xunto ás parellas húngaras Renáta Csay e Zséfia Czéllai-Vörös e a de Vanda Kiszli e Noemi Pupp, dous K2 sudafricanos e un francés. Os 7 K2 continuaron a metade da regata, antes de que a formación se reduxese quedando na cabeza as embarcacións españolas, o K2 de Csay e Czéllai-Vörös e o K2 das sudafricanas Christine Mackenzie e Bridgitte Hartley. Pasados os kilómetros, esta última embarcación quedou atrás, e no antepenúltimo porteo, un erro das húngaras fixo que os dous K2 españois foranse solas, collendo vantaxe contra a parella de Hungría. Unha importante distancia mantivo aos K2 de España ante a embarcación húngara, quen a alcanzou na seguinte ciaboga. Nos últimos 500 metros comezou o sprint final, no que Csay e Czéllai-Vörös foron máis rápidas que Fernández e Álvarez, que foron subcampionas 3 segundos detrás do K2 húngaro. Namentres as xóvenes Toledo e Osa acadaron a terceira posición a menos de medio minuto das campionas.

A derradeira carreira do campionato sería o K2 masculino, competición que foi sorprendente como tódolos anos. A selección estaría conformada pola embarcación do tudense Iván Alonso e o pontevedrés Jaime Sobrado e K2 dos asturianos José Julián e Miguel Fernández. Tras unha forte saída, o grupo de cabeza estaba formado por dez embarcacións. Na primeira ciaboga, un conflicto entre Alonso e Sobrado cos arxentinos Balboa fixo que o K2 galego sufrira unha demora. Tralas primeiras voltas o liderazgo estaba entre o K2 de Julián e Fernández, o K2 húngaro de Bóros e Mathe, o K2 danés de Soren Daretti e Casper Pretzmann e a parella de K2 franceses de Stephane Boulanger e Edwin Lucas e o de Jeremy Candy e Quentin Urban. En torno á metade da carreira, o K2 arxentino dos irmáns Franco e Dardo Balboa, alcanzou ao grupo de cabeza, polo seu lado, o K2 de Alonso e Sobrado xa lideraba o grupo perseguidor trala retraso que tiveron cunha penalización de 30 segundos de espera no porteo. Os primeiros en caerse do grupo de cabeza foron os daneses, e nas últimas voltas, Julián e Fernández perderon os postos de liderazgo. Antes da última ciaboga, o K2 francés de Boulanger e Lucas tamén saiu da cabeza, era o turno da batalla entre a embarcación húngara, a arxentina e a outra embarcación francesa. Nos últimos 300 os seis palistas comezaron a apretar ata que a victoria resultou para Candy e Urban, segundo foi a o K2 de Boros e Mathe, e finalmente, os arxentinos Balboa finalizaron en terceira posición. Os palistas da selección, polo seu lado, quedaron as portas do podio, coa cuarta posición por parte do barco de Alonso e Sobrado, e loitando con eles en sprint, Julián e Fernández, que foron quintos.

A selección ganadora na categoría absoluta, como acostumbra selo, foi Hungría, con 8 preseas (3 ouros, 3 pratas e 2 bronces). A selección española finalizou como subcampiona, con 7 medallas (unha prata menos que Hungría). Francia sorprendeunos coa súa terceira posición con dous ouros, unha prata e un bronce. En 4º posición foi Ucrania, cos dous ouros do C1 femenino. Dinamarca finalizou en 5º posición, a República Checa e China empatando en 6ª posición e Portugal, Polonia e Serbia en 8ª. Pechaban o medalleiro Arxentina en 11ª posición e Gran Bretaña e Rusia en 12ª.