O Club de Mar Ría de Aldán lidera o Kayak de Mar en Cambados

A xornada de onte, día 1 de maio, celebrouse en Cambados a II Regata da Liga Galega de Kayak de Mar / SUP. A regata tivo as súas primeiras saídas no muelle de Santo Tomé a partir das 11:00, na que competirían tódalas categorías junior, senior e veterano nas embarcacións sprinter e nas embarcacións SUP e cunha distancia de 10 km; mentres que pasadas ás 12:15 da mañá, terían lugar tódalas idades de embarcacións tradicionais e tódalas categorías cadetes, quenes farían unha distancia de 5 km.

As primeiras embarócacins en chegar síeran os K2 Sprinter masculino, na que os vencedores foron Julio Fontán e Iván Benavente do Naval de Pontevdra, a casi un minuto de ventaxa sobre os segundos clasificados, un K2 formado por dous padexeiros de clubes diferentes, José Ramón Estévez do Pontecesures e Christian Chapela, de Rianxo. Pechando o podio desta categoíra estíara a parella do Club de Piragüismo Oílvico formado por Borja e Aitor López Berciano. No K2 mixto os vencedores foron Jessica Moledo e Jose Angel Besada, do Club de Mar Ría de Aldán, seguidos de María Pérez Rial e David Vilariño do Aldán e do Betanzos, respectivamente. Pechando o podio, e coa medalla de bronce estarían Mª Araceli Menduiña e Óscar Iglesias do Ría de Aldán. No K2 feminino, as únicas competidoras en chegar á liña de meta foron Yael Núéz e Lua Rodríguez, de tal xeito que non puntuaron.

No K1 Sprinter, o vencedor foi o local Miguel Ángel Pérez, do Piragüismo Cambados, seguido de Adrián Carpente do Náutico de Tambre, 24 segundos despois, pechando o podio do K1, estaría Breogán Monteagudo do Naval de Pontevedra. No K1 feminino, a vencedora foi Noelia Moledo do Ría de Aldán, minutos por diante da segunda clasificada, que foi María Alonso, do Piraguismo Olívico, mentres que a terceira, minuto e 10 detrás de ela, entraría en meta Antía Martínez, tamén do Ría de Aldán.

Na embarcación Stand Up Paddle, o vencedor indiscutible foi Pablo Codesido, da Agrupación Deportiva Rías Altas, que venceu con 4 minutos de diferencia ao segundo clasificado, Jose Ángel Casas, do Náutico Pontecesures, mentres que éste, tería unha diferencia de 30 minutos sobre o terceiro clasificado, Manuel Castro, do Náutico O Muíño de Ribadumia. Na categoría feminina, a única padexeira en chegar á meta foi Virginia Bruña, da Agrupación Deportiva Rías Altas.

Finalmente, nas embarcacións tradicionais, o K1 masculino vencedor foi David Bemposta, do Piragüismo Cambados, 30 segundos por diante do segundo, José Manuel Sánchez, do Naval de Pontevedra, e éste, á súa vez conseguiu entrar en meta un minuto e seis segundos ao terceiro, Fernando Ansedes, do Piragüismo Narón.

A nivel de clubes, o vencedor foi o Club de Mar Ría de Aldán, con 421 puntos, mentres que o segundo clasificado, o equipo anfitrión de Cambados, acadou 354 puntos e os terceiros, que foron os do Piragüismo Olívico, obtiveron 295 puntos.