A selección española remata o mundial con cinco medallas na categoría absoluta

worldcanoemarathon15logoEsta tarde finalizaba o Campionato do Mundo de Piragüismo en Maratón celebrado en Győr (Hungría). Un mundial no que a selección acadou cinco metais na categoría absoluta.

A primeira carreira na categoría senior celebrouse onte sábado e ésta foi a do K1 feminino, no que a valisoletana do Ría de Betanzos, Nuria Villace finalizou en séptima posición e a bañolense Aurora Figueras foi 11ª nunha carreira de 26.1 km liderada pola checa Anna Koziskova, a húngara e local de Győr, Renáta Csay e a serbia Kristina Bedec. Cinco minutos despois desta carreira sairía o C1 masculino no que o grovense Tono Campos se proclamou subcampión do Mundo, tras entrar 12 segundos despois do campión, o húngaro Márton Kövér. O outro representante nacional, o brigantino David Mosquera, quedábase ás portas do podio, un podio que cerraba o portugués Nuno Barros. A seguinte proba absoluta sería a do K1 masculino, con salida ás 14:45 do sábado. Foi aquí na que o podio se decidiu nun sprint final decisivo, no que o tudense Iván Alonso, acadaba a terceira posición a tan solo 1.319 segundos do vencedor, o sudafricano Hank McGregor, e a 0.569 do subcampión, o húngaro Adrián Boros. O outro representante da selección nesta carreira, o zamorano Emilio Merchán, e compañeiro de Alonso no K2, non finalizou a carreira.

A categoría senior na xornada de hoxe estreábase as 11:30 co K2 senior feminino, nunha carreira na que as madrileñas Lucia Arquero e Carolina Massagues finalizaban en octava posición, e a dupla de Nuria Villace e Estefanía Fernández eran 10ªs, nunha regata liderada pola embarcación húngara de Renáta Csay e Alexandra Bara, o K2 checo e o italiano. Tres minutos despois delas, sairían os C2 masculinos, no que tras un comezo que os húngaros Köver e Dóczé se enfrentaban aos galegos Tono Campos e José Manuel Sánchez, a parella do arousán Ramón Ferro e o pontevedrés Óscar Graña foron collendo terreno aos dous primeiros C2 e finalmente venceron á parella de Campos e Sánchez por tan só 2 segundos, nun final no que o C2 húngaro venceu ás dúas embarcacións nacionais por 4 minutos. A última proba do campionato sería o do K2 masculino, no que tras unhas primeiras voltas lideradas pola embarcación de Alonso e Merchán, o resto da carreira se convertiu nunha loita entre as tres primeiras posicións, os húngaros Boros e Solti, os sudafricanos McGregor e Mocke e a outra parella nacional, composta polo pontevedrés Alvaro F. Fiuza e o asturiano Walter Bouzán, que finalmente conseguirón a medalla de bronce, mentres que a parella de Alonso e Merchán finalizaba nunha cuarta posición a 17 segundos de diferencia do grupo perseguidor.

O medalleiro final estaría liderado por Hungría, quenes remaban na casa e obtiveron seis medallas (catro ouros e dúas pratas). Debido a ausencia de ouros de España, que obtivo dúas pratas e tres bronces, relegouno da segunda posición, a que obtiveron as seleccións de Sudáfrica e a República Checha que obtiveron un ouro e unha prata.