O Club de Mar Ría de Aldán gaña o I Trofeo Rías Baixas
No K4 feminino, as vencedoras da travesía foron o equipo do Club de Mar Ría de Aldán formado polas irmás Jessica e Noelia Moledo Rial, e por Mª Araceli e Carmela Menduiña Santomé, a segunda posición foi para as palistas do Kayak Tudense co K4 formado por Carla Pérez, Valeria Romero, Carla Cerqueira e Carmen Agra e a terceira posición, foi para outra embarcación do Ría de Aldán, cun K4 formado por Cintia Fernández, Noa Rouco, Irene Dacosta e Lara Davila. No C4, a embarcación mixta do Breogán do Grove e o Ría de Betanzos e á embarcación do Kayak Tudense, foron os primeiros en pasar por debaixo da ponte da Illa de Arousa apenas un kilómetro despois da súa saída, pero a envorco do C4 tudense impediulle disputar os postos de medalla, polo que a victoria foi para o C4 mixto de Tono Campos, Cristian Ribademar e Miguel Fernández do Breogán do Grove e José Manuel Sánchez do Ría de Betanzos; a segunda posición foi para o C4 do Club As Torres de Catoira, cun equipo formado por Rubén Paz, Roi Carballeda, Roi Baulde e Imanol Pérez; e finalmente, a última posición do podio foi para a outra embarcación do Kayak Tudense, cun C4 formado polos xemelgos David e Daniel Costa Bouzada, por David González e Aaron Casás. Finalmente, no K4 masculino estaría encabezado pola embarcación do Kayak Tudense, cun equipo formado por Gabriel Campo, Rubén Millán, Diego Piña e Roi Rodríguez, a segunda posición sería para un dos K4 de Vilaboa, co equipo de Jose Alberto Conde, Ricardo Manuel Ligero, David Loeda e Marco Cadenas; mentres que a terceira posición foi para os rapaces do Naval de Pontevedra: Breogán Monteagudo, Pablo García, Iván Benavente e Adrían García.
A nivel de clubes, o club vencedor foi o Club de Mar Ría de Aldán, seguido do Club Kayak Tudense e do Club de Piragüismo Vilaboa.