XXXI Volta á Arousa en Dornas a Vela

A tarde de onte, sábado 27 de xuño, celebraríase no meu pobo natal a trigésimo primeira edición da Volta a Illa de Arousa en Dornas a Vela, na cal se concentraron 40 dornas, a maioría delas locais e outras procedentes de pobos como Cambados, Ribeira ou o Grove.

banner-xxxi-volta-arousaA Volta, con saída na praia do Vao, tomaría dirección norte cara o Peirao do Cabodeiro, dende un primeiro momento a dorna que lideraría sería a Bazarra, seguida moi de preto por outras tres dornas. Nas inmediacións do Peirao do Cabodeiro, as dornas se encontraban en posicóin en liña para virar cara oeste na Punta do Furado. Pasado o Furado as dornas seguiron un rumbo moi similar ata a Punta do Campelo, pero foi a partir de aquí, cando estas distanciaroán máis o seu rumbo, mentres unhas bordeaban pola zona do Faro de Punta Cabalo e a praia Area da Secada, tendo que facer máis maniobras para loitar contra o vento, outros abrironse moito máis cara o mar, para así ter que facer menos maniobras.

Tras virar cara a costa oeste da Arousa, o rumbo de tódalas dornas foi directo cara o Parque Nacional de Carreirón, e foi a partir desta recta na que as posicións variaron moito dende os seus inicios, ben fora por varar nas rochas ou problemas cas algas; un cambio brusco de posición foi o caso da Bazarra, primeira en toda a primeira metada foi perdendo posicións ata finalizar en 8º posto. Finalmente, tras pasar polo Parque de Carreirón as dornas tomarían rumbo o Vao, onde se encontraría a liña de meta, e rematando, as primeiras posicións en chegar á meta foron, consecutivamente, a Nécora, Jalerna, Forza R, Xarandeira e a Pereka.