Entrevista a Carlos Pérez “Perucho”

peruchoO kaiakista cangués Carlos Pérez Rial, ofreceulle unha entrevista a A Contra Vento, o campión olímpico do Club Piragüismo Aldán fálanos sobre diversas cuestións:

A Contra Vento: ¿Como che foi a pretemporada este ano?

Carlos Pérez: Como todas empezo en Outubro, cada vez o temos máis complicado porque se acerca a Olimpíada. Ó principio faise bastante ximnasio e fanse moitos kilómetros para coller resistencia e despois afrontar a velocidade.

ACV: O principal obxetivo é o Mundial de Moscú ¿Cómo están as expectativas?

C.P: Sí, o principal obxetivo é o Mundial. É bastante complicado porque eu cambiei de distancia, de 200 a 1000 metros, e a preparación é completamente diferente. O obxetivo é ambicioso pero tamén moi complicado, e para iso entrenamos tódolos días.

ACV: ¿Cales son os requisitos para a clasificación dos Xogos de Río?

C.P: A clasificación é no Mundial do ano que ven. No K2 son os 6 primeiros e senón, hai unha repesca, ou suele habela, o ano da Olimpíada no Europeo.

ACV: Respecto ó que dixeches antes, un velocista coma tí, tetracampión do Mundo en 200 metros e en relevos 200 metros, así como campión olímpico en K2 500, o ano pasado compite en K2 1000 metros. Fálanos sobre este cambio.

C.P: Bueno, eu non me clasifiquei en K1 200, ademáis de que o meu compañeiro Saúl (por Saúl Craviotto, con quen Carlos acadou o ouro en Pekin 2008) está en K1, e das carreiras de K1 ó K2 hai 15 minutos, e ese pouco tempo non da para afrontar con garantías as dúas carreiras. Así que decidín apostar por outra distancia e había unha vacante que era o K2 1000 metros e esperemos que este ano poidamos facer algo.

ACV: Na plataforma de crowdfunding “Goalfunds” superaches os 600 €, ¿estaba esta cantidade nas túas expectativas?

C.P: A min surxiume esta iniciativa que me propuxeron, aceptei e a xente vai colaborando. Bueno, esta complicado porque a día de hoxe é dificil contar con alguén que axude, pero calquer axuda benvida sea e estou moi agradecido.

ACV: Bueno, isto foi todo, moitas gracias.

C.P: De nada.

En Vilagarcía de Arousa, 1 de maio de 2014