Campionato de España e de Galicia de Maratón (segunda xornada)

Este domingo concluía o Campionato de España e Galego de Maratón nas augas do Lérez en Pontevedra, co resto das categorías de veteranos, as embarcacións dobres Junior e Senior.

IMG_9727A primeira embarcación Senior en realizar a súa carreira sería o K2 masculino, nos que vencerían a nivel galego e estatal a parella de Vilaboa de Antonio Palmas e Brais Sánchez, en segunda posición a nivel estatal estarían Miguel Lloréns e Luis Amado Pérez do SCD Ribadesella e e por último o bronce, os irmáns Del Teso do Club Deportivo Durius de Sanabria. A nivel galego, o subcampións serían Toño Rey e Santiago Cruz, do Náutico Firrete e o bronce foi para os palistas de Portonovo de Isaac Silva e Iván Domínguez. Nesta carreira hai que puntualizar que os gañadores reais foron a parella de Emilio Merchán e Iván Alonso, quenes competirían pola clasificación internacional pero ó non pertencer o mesmo clube, non aparecían como os campións nos resultados oficiais da Rfep. Do mesmo xeito que eles, os segundos, Walter Bouzán e Álvaro F. Fiuza foron os segundos, inda que non oficialmente.

No K2 feminino, a victoria sería para Lucia Arquero e Carolina Massagues, do Piragüismo Aranjuez e por detrás delas, estarían as súas compañeiras de clube Concepción Vizcaino e Mª de las Mercedes Cobos, mentres que o bronce (e ouro a nivel galego) sería para as palistas de As Torres de Catoira, Angela Baulde e Rebeca Laurijssen. Asemade, a prata galega sería para as irmás Menduiña do Ría de Aldán e a praza de bronce quedaría vacía dado a ausencia de máis competidoras galegas.

No C2 Senior, o ouro sería para o arousano Ramón Ferro e o pontevedrés Óscar Graña, do Kayak Tudense, seguidos de Pedro Areal e Adrián Fernández do Breogán do Grove e de David Manuel Mosquera e Miguel López, do Ría de Betanzos; sendo galegos os tres, terían a mesma situación como Campionato de Galicia e de España. Do mesma forma que no K2, a victoria real non aparece nos resultados oficiais por que os palistas pertencen a diferente clube, xa que éstes foron o breoganés Tono Campos e Jose Sánchez do Ría de Betanzos, quenes competirían para alcanzar as clasificacións internacionais.