O Club Escuela de Piragüismo Aranjuez lidera a Copa de España de Maratón celebrada no río Lerez (Pontevedra)

Este fin de semana celebrouse en Pontevedra, no río Lérez, a Copa de España de Maratón que á súa vez sería o Campionato Galego nesta especialidade.

Relativo ós resultados das categorías senior, nesta competición estaban ausentes moitos palistas de elite, debido a que estes xa están clasificados para o Mundial que se celebrará en Oklahoma en septembro. O sábado realizaríanse tódalas carreiras excepto as das embarcacións dobres junior e senior. No K1 Senior, a victoria foi para Xabier Ruíz de Aretxabaleta do Club Donostia K.E., seguido por Jesús Rodríguez León do Fluvial O Barco (que así mesmo sería campión galego) e Julio Moreno do Club Polideportivo Iuxtanam-Monteoro ca medalla de bronce. En K1 feminino, a medaia de ouro sería para Raquel Carbajo do Club P. Fresno de la Ribera, seguida por Naiara Gómez do Club Piragüismo Getxo e Amaia Osaba do Club de Piragüismo Pamplona. Sería na canoa na que os galegos acadarían a victoria, conseguindo as medaias da Copa de España, así como as correspondentes ó Campionato Galego, no C1, o podio estaría formado por David Manuel Mosquera, do Ría de Betanzos, José Manuel Sánchez, do mesmo clube e en terceira posición David González do Kayak Tudense.

Hoxe, domingo 3 de agosto, o K2 Senior estaría liderado pola parella de Vilaboa de Antonio Palmas e Brais Sánchez, en segunda posición estarían Andrés y Carlos del Teso do Club Deportivo Durius Tecozam – Viajes Sanabria e en terceira posición Santiago Cruz e Antonio Rey do Club Náutico O Firrete. En C2, os canoístas do Kayak Tudense, Ramón Ferro e Óscar Graña serían dos poucos do equipo nacional que sí asistirían a está Copa de España, e así mesmo, na súa categoría, únicamente terían que disputala cos locais Angel Ramón López e Jesús Montoto do Ciudad de Pontevedra; realizando unha carreira na que os palistas do Kayak Tudense vencerían fácilmente.

A nivel de clubes, a victoria sería para a Escuela de Piragüismo de Aranjuez, seguidos pola Sociedad Deportiva Santiagotarrak e As Torres de Catoira, que á súa vez serían campións galegos. No Campionato Galego, xunto con Catoira, os outros membros do podio serían a Escuela de Piragüismo Ciudad de Pontevedra e o Club de Mar Ría de Aldán, segundos e terceiros, respectivamente, que foron 4ºs e 5ºs a nivel nacional.