Comeza o Mundial de Pista Junior e Sub23

Hoxe, 17 de xullo, na cidade húngara de Szeged, comeza o Campionato do Mundo de Pista para Junior e Sub23.

junior_u23_canoe_sprint_world_championships_logo

Dende hoxe e durante todo o fin de semana, os 34 palistas da selección española (19 sub23 e 14 junior) competirán nas diversas carreiras deste campionato na famosa pista húngara.

Pola parte dos sub23, en primer lugar nos 1000 metros, o asturiano Javier Cabañín encargarase do K1, o K2 estará formado por Benjamín Martínez e Albert Martí, o k4 que competirá neste campionato será o mesmo que competiu a semana pasada o europeo senior en Branderburg, co cambio do tudense Ruben Millán polo seu compañeiro de club Diego Piña. Na canoa individual, o encargado de facer os 1000 metros será Mossihne Moutahir. Os 500 metros serán exclusivos para as palistas femeninas, entre elas, no K1 estará a maiorquina Alicia Heredia, o K2 estará formado pola lucense Tania Fernández e a donostiarra Begoña Lazcano, mentres que o K4 estará formado por Heredia, Lazcano, a asturiana Miriam Vega e a tamén maiorquina Selena Coca. Polo seu lado, o C2 estará formado pola rianxeira Cristina Noya e a maiorquina Araceli Figueiras. Por último, na distancia corta dos 200 metros, o encargado do K1 será o zamorano Carlos Garrote, o K2 por Joan Ramón Ribas e Juan Oreyés, no kayak femenino, Tania Fernández competirá tamén nos 200 metros, pero neste caso o fará na embarcacón individual. No C1 competirá o pontevedrés Adrián Sieiro e o C1 feminino será para Patricia Coco.

Mentres tanto, na categoría junior, os encargados dos 1000 metros serán para o asturiano Pelayo Roza en K1, Pedro Vázquez e Cristian Silva en K2, Roza, Vázquez, Silva e Ramón Lecumberri en K4, Sergio Vallejo en C1 e Rogelio Figueiras xunto a Francesc Martínez en C2. Nos 500 metros, as palistas serán Sara Ouzande en K1, Camila Morison e Raquel da Costa en K2 e Adriana Pinagua e Belén Arnau en C2. Por último, nos 200 metros estarán: Iñigo Noval en K1, e xunto a Jose Luís Gómez en K2, Antoni Segura en C1, Sara Ouzande en K1 feminino e Adriana Pinagua en C1 feminino.

Desde A Contra Vento lles desexamos moita sorte a todos.