Campionato Galego de Pista en Verducido (Embarcacións individuais)
Pola mañá se celebrarían os 1000 metros, distancia olímpica únicamente masculina, e durante esta media xornada, se disputarían as correspondentes eliminatorias, semifinais e finais das categorías cadete, xuvenil, senior e veteranos no kayak e canoa. Os primeiros postos na categoría absoluta foron no K1 para Gabriel Hernández Navarro do Kayak Tudense, en primeira posición, seguido por dous palistas do Piragüismo Vilaboa, Antonio Palmas e Brais Sánchez, prata e bronce respectivamente. No lado da canoa, as dúas primeiras prazas serían para os compañeiros do Club Náutico Firrete, pola súa parte Yeray Picallo acadou o ouro, e André Oliveiro a prata, mentres que o terceiro posto sería para o canoísta da Escola de Piragüismo Poio, Andrés Sieiro.
Ó comezo da tarde chegou o turno dos 500 metros, distancia únicamente feminina, na categoría absoluta, as tres vencedoras foron, no kayak, ca medalla de ouro para a grovense Natalia García, a prata para a palista de As Torres, Natividad Busto, e o bronce para a tamén breoganista Laura García. Na canoa femenina a victoria sería para Cristina Noya, do Piragüismo Rías Baixas de Boiro, tamén deste club sería a segunda, Paula Castro; e por último, a medaia de bronce sería para Nerea Gondar, da Escola de Piragüismo Poio.
A partir das 5 da tarde comezarían a disputarse as carreiras de 200 metros, distancia masculina e feminina. Na distancia corta, o podio do K1 Senior estaría formado polo o lucense Miguel Martinez Quiroga, superando en medio segundo ó segundo, Diego Castro, de Vilaboa; e por último, a terceira posición foi para o vencedor no quilómetro: o tudense Gabriel Hernández. No caso da canoa, o podio estaría formado polos mesmos palistas que nos 1000 metros pero á inversa: sendo Andrés Sieiro o vencedor, André Oliveira mantivo a súa
posición acadando a prata, mentres que Yeray Picallo sería terceiro. No kayak feminino, a composición do podio sería das mesmas palistas que o 500 metros, repetindo a victoria de Natalia Garcia, pero esta vez seguida pola súa compañeira Laura García, e sendo a terceira posición para Natividad Busto. Por último, na canoa feminina, as dúas primeiras posicións serían para as mesmas que no medio quilómetro, sendo Cristina Noya a vencedora e seguida por Paula Castro, mentres que a medaia de bronce sería para a palista de As Torres de Catoira, Sara Rodríguez.