Fernández e Álvarez son campionas do Mundo en Győr 2025

Hoxe tivo lugar a derradeira xornada do Campionato do Mundo en Győr. A mañá foi adicada ás embarcacións dobres na modalidade clásica.

Como é habitual, as dúas primeiras saídas tiveron cinco minutos de diferencia. Ás 11:00 tivo lugar a saída do K2 feminino e ás 11:05 o fixo o C2 masculino. Como é habitual nesta primeira categoría, o grupo de cabeza estaba formado polas dúas embarcacións húngaras, a da parella de Szerafin e Kiszli e a de Sinko e Csepe. Con elas tamén estaba o K2 da lucense Tania Fernández e a súa habitual compañeira, Tania Álvarez, do Grove. Na metade da carreira, as sudafricanas Nisbet e Wilson tamén se incorporaron ao grupo de cabeza. As de Sudafrica mantiveronse ahí ata a penúltima volta, o liderazgo estaba entre as galegas e os dous K2 de Hungría. As dúas Tanias mantiveronse en cabeza durante un bo tramo, acadaron a vitoria, finalizando ao K2 de Szerafin e Kiszli con menos dun segundo de diferencia. A outra embarcación da selección, o da zamorana Eva Barrios e a zumaiarra Irati Osa foron sextas despois de estar en case toda a regata en 8ª posición.

A outra carreira na que estaba o C2 do pontevedrés Jaime Duro e o tudense Manu Garrido e o dos catoirenses Fernando Busto e Diego Miguens. Duro e Garrido mantivéronse sempre en posicións de podio, compartindo o liderazgo cos portugueses Coelho e Lacerda e os polacos Zuchora e Borgiel. Despois da metade da carreira os portugueses colocaronse en cabeza lexos dos galegos e polacos. A principal disputa de Duro e Garrido era a prata, que foi a que conseguiron cunha diferencia de case un minuto. Busto e Miguens, por diante da embarcación de Polonia en varias voltas, finalmente acadaron a 4ª posición, a nove segundos de Zuchora e Borgiel.

A derradeira carreira do campionato do Mundo foi o K2 masculino, cuxo podio estivo decidido dende o principio; tres embarcacións se disputaban a vitoria: a embarcación portuguesa de Jose Ramalho e Fernando Pimenta, os daneses Mads Pedersen e Philip Knudsen e o K2 húngaro de Adrian Boros e Tamas Erdelyi. Os citados padexaban bastantes metros por diante do grupo persecutor. A medalla de ouro foi para os portugueses, a prata para os daneses e o bronce para os húngaros. A parella do pontevedrés Joaquín Iglesias e o valenciano Izan Aliaga foi cuarto, a menos dun minuto do podio. Os asturianos Javier López e Pedro Vázquez foron sétimos.

Na clasificación final, Hungría, que estaba na casa, tivo unha vitoria absoluta, con tres ouros, tres pratas e cinco bronces. Portugal foi subcampiona con tres ouros e un bronce e España foi bronce con dous ouros, unha prata e un bronce. A próxima edición, no 2026, celebrarase en Sarasota, nos Estados Unidos.