O catoirense Fernando Busto suma un bronce á selección
Györ acolleu na xornada de hoxe as carreiras das embarcacións individuais, na que se acadou unha nova medalla de mans galegas.

A primeira final foi o C1 feminino, no que a selección contaba coa madrileña María Martín, quen se quedou ás portas do podio; tras unha regata nas últimas posicións, Martín acadou chegar ata a oitava posición.
O K1 tivo como participación española a Alba Esteban e Andrea Alonso, que foron 8ª e 13ª respectivamente nunha carreira liderada pola sueca Melina Andersson.
A continuación tivo lugar a carreira na que a selección acadaría os seus mellores resultados na xornada, o catoirense Fernando Busto acadaría a medalla de bronce e o grovense Tono Campos foi cuarto; aínda que malas noticias para o canoísta meco xa que é o primeiro mundial en moito tempo que non acada medalla. O campión e subcampión desta carreira foron os polacos Mateusz Zuchora e Mateusz Borgiel.
A derradeira carreira da xornada foi o K1 masculino, no que o danés Mads Pedersen foi o claro vencedor, padexando en solitario dende a segunda volta. O tudense Iván Alonso foi no grupo perseguidor toda a carreira. Polo seu lado, o barquense Adrián Prada ía algunhas posicións por detrás. A vitoria final foi para Pedersen, Alonso foi 8º e Prada foi 13º.