Jaime Duro, campión do Mundo en Győr

Na xornada de onte comezou o Campionato do Mundo de Maratón, na localidade húngara de Győr; que se destinou especialmente á distancia curta.

A primeira final na categoría absoluta foi o C1 feminino, na que a selección española contaba coa participación da madrileña María Martín e a valguesa Nerea Novo. A canoísta do CEP Aranjuez foi 7ª e a do Náutico Pontecesures foi 13ª. A vencedora desta carreira foi a húngara Zsófia Katalin Csorba.

A continuación tivo lugar a única carreira na que houbo un metal para o equipo, o C1 masculino, na que o pontevedrés Jaime Duro, quen se proclamou campión do mundo por diante do canoísta de Moldavia, Serghei Tarnovschi, e o húngaro Balázs Adolf. O outro padexeiro da selección, o madrileño afincado no Breogán, Noel Domínguez, foi octavo.

As representantes da selección no K1 feminino foron as da zamorana Eva Barrios e a asturiana Miriam Vega, que foron 10ª e 12ª respectivamente. A victoria foi para a húngara Zsoka Csikos, seguido da sueca Melina Andersson e a tamén húngara, Vanda Kiszli.

A derradeira final na categoría absoluta foi o K1 masculino, na que o tudense Iván Alonso foi 8º e o pontevedrés Joaquin Iglesias foi 16º. A victoria, como no campionato de Europa, volveu ser para o portugués Fernando Pimenta, que tivo como compañeiros de podio ao danés Mads Pedersen e ao seu veciño Jose Ramalho.