A selección acada catro novas medallas e finaliza en oitava posición en Milán

Este fin de semana rematou o Campionato do Mundo de Milán, na que a selección española acadou catro medallas.

A primeira final na que houbo un metal da selección foi o C1 feminino sobre 500 metros, na que a ribereña María Corbera acadou a medalla de bronce tras adiantar á canoísta china, Yanan Ma. A victoria foi para a imbatible ucraína Liudmyla Luzan.

O pontevedrés Pablo Crespo foi quinto no C1 1000 metros, nunha regata liderada polo checo Martin Fuksa. Na mesma distancia, no K1 masculino padexou o vigués Roi Rodríguez, que foi oitavo nunha carreira liderada polo húngaro Balint Kopasz.

A segunda medalla da xornada viría da man do C4 do poiense Adrián Sieiro, o vilanovés Manuel Fontán, o pontevedrés Martín Jácome e o ribereño Daniel Grijalba, que foron segundos nos 500 metros. A canoísta residente en Murcia, Viktoriia Yarchevska, acadou a quinta posición no C1 sobre 200 metros, nunha regata que tería de novo a Liudmyla Luzan como vencedora.

Na xornada de hoxe, o mallorquino Alex Graneri deu a primeira medalla, cun terceiro posto nuns 500 metros liderados polo checo Josef Dostal. O C2 do madrieño Diego Domínguez e o mallorquino Joan Antoni Moreno foron quintos nos 500 metros, nunha final na que os primeiros foron Zakhar Petrov e Ivan Shtyl. Na mesma distancia, o K2 do ribereño Enrique Adán e o sevillano Carlos García foron séptimos, empatados a foto-finish co K2 italiano. A tan só uns segundos do podio estivo o C4 de Claudia Couto, Valeria Oliveira, Ana Cantero e María Corbera nos 500 metros.

Nos 5 kilómetros o que daría a única medalla sería o pontevedrés Jaime Duro na canoa masculina, quen se proclamou subcampión do mundo, a 2,36 segundos do moldavo Serghei Tarnovschi. A emeritense Estefanía Fernández estivo a piques de gañar a súa segunda medalla do campionato, finalizando en cuarta posición detrás de Andersson, Cicali e Sletsjoee.

A victoria no medalleiro sería Hungría, con 15 medallas; os Atletas Individuales Neutrales serían segundos e Gran Bretaña finalizaron en terceira posición. Na clasificación, España foi oitava, pero foi cuarta en número de medallas. O vindeiro ano, será en Poznan (Polonia), onde se acollerá este campionato.