Catro medallas na primeira xornada de finais do Campionato do Mundo de Milán

Esta tarde en Milán terían lugar as primeiras finais do Campionato do Mundo de Sprint. No que a selección española tivo un gran arranque acadando catro medallas nas sete finais.

Na primeira final con participación da selección española acadouse a primeira medalla, cun bronce acadado polo K4 500 do brigantino Carlos Arévalo, o cangués Rodrigo Germade, o ribereño Adrián del Río e o mallorquín Alex Graneri, que finalizaron por detrás da embarcación portuguesa e húngara, a 0.40 dos campeóns lusos.xx

A victoria viría co K4 feminino sobre 500 metros, nunha embarcación composta pola asturiana Sara Ouzande, a emeritense Estefanía Fernández e as valencianas Lucía Val e Bárbara Pardo. O equipo español foi o vencedor por diante da embarcación china e o equipo das Atletas Individuales Neutrales.

Un novo bronce viría da man do C2 feminino sobre 500 metros, cunha canoa formada pola dupra da mallorquina Angels Moreno e a ucraína residente en Murcia, Viktoria Yarchevska. A parella entrou en meta por detrás do C2 ucraíno e canadiense.

A seguinte participación española nunha final sería a da zamorana Laura Pedruelo, quen padexou sobre 1000 metros, no que foi sexta, nunha carreira na que a vitoria sería para a húngara Zsoka Csikos.

No C1 sobre 200 metros, a selección contou coa participación do cangués Pablo Graña, quen foi subcampión nunha carreira liderada polo uzbeko Artur Guliev.