Oito medallas no Europeo de Račice

A primeira xornada de finais do Campionato de Europa se celebrou hoxe no Canal de Piragüismo de Račice, cun gran arranque da selección.

A primeira final foi a do K1 masculino sobre 1000 metros, no que Íñigo Peña mantivo unha posición constante ata finalizar en quinta praza, nunha carreira que sempre foi liderada polo portugués Fernando Pimenta. A él seguiríalle o pontevedrés Pablo Crespo, en C1 1000, o xoven canoísta do Ciudad de Pontevedra finalizou nunha oitava praza, nunha regata na que o favorito, o local Martin Fuksa, foi derrotado polo rumano Cătălin Chirilă. A primeira medalla viría da man da canóista do Pinatarense nacida en Ucraína, Viktoria Yarchevska, que con so vinte anos acadou a medalla de bronce nunha carreira de 200 m. liderada pola polaca Dorota Borowska.

Ás 11:49 tería lugar a final do C1 200, na que o cangués Pablo Graña foi o máis rápido, rexistrando un tempo de 38.291, e acadando o primeiro ouro da selección. A seguinte carreira foi unha das máis emocionantes, o K4 masculino sobre 500 m., o equipo nacional formado polo brigantino Carlos Arévalo, o ribereño Adrián del Río e os mallorquinos Marcus Cooper e Alex Graneri padexaron en posicións de medalla durante case toda a carreira, liderada case sempre polo K4 portugués, pero o equipo polaco acadou a terceira posición, deixándoos ás portas do podio. A seguinte carreira tamén foi moi interesante, o K4 formado polas asturianas Sara Ouzande e Lucía Val, a emeritense Estefanía Fernández e a valenciana Bárbara Pardo, acadaron a medalla de prata por detrás do equipo húngaro, que se foi turnado a primeira posición dende o comezo da carreira de 500 m.

Un novo ouro viría de camiño por parte do C2 feminino sobre 200, Viktoria Yarchevska acadaría a victoria xunto a súa compañeira mallorquina Angels Moreno. Polo mediodía, Sara Ouzande volvería a competir en solitario, nos 200 metros, no que finalizaría en séptima posición nunha regata liderada pola húngara Anna Lucz.

Na xornada vespertina, a selección seguiría dando alegrías co K1 de Laura Pedruelo, que acadou a medalla de bronce nuns 1000 m. liderados pola húngara Zsoka Csikos. Minutos despois sería o turno de Alex Graneri, quen se proclamou subcampión de Europa no K1 500. A xornada remataría co C4 mixto, formado por Angels Moreno e a ribereña María Corbera e o C2 masculino da selección, o pontevedrés Adrián Sieiro e o pontevedrés Daniel Grijalba pola parte masculina, o C4 deu o brochazo final cun novo ouro, por diante da embarcación húngara e moldava. A medalla nas categorías paralímpicas veu da man do emeritense Juan Valle, que foi bronce no KL3 200.

Rematada a primeira xornada, España atópase en segunda posición por detrás da imbatile Hungría.