Boa primeira xornada no Campionato de Europa en Račice

O Campionato de Europa de Sprint estase celebrando en Račice, na República Checa. Na xornada de hoxe disputáronse as eliminatorias que darían paso ás semifinais ou a final directa.

A primeira saída foi o C1 1000 metros, no que o representante nacional era o pontevedrés Pablo Crespo, que finalizou en séptima posición clasificándose á semifinal. Tamén nos 1000 metros, o representante da selección no K1 sería o zumaiarra Íñigo Peña, que finalizou segundo acadando tamén o pase a semifinal. No K2 feminino padexaría a zamorana Laura Pedruelo, que foi terceira e tivo o pase á final directa.

No C1 feminino sobre 200 metros estaría a nativa ucraína Viktoria Yarchevska, que foi segunda e acadou o pase á final. O canoísta cangués Pablo Graña, gañou a súa eliminatoria e tamén se clasificou directamente á final. No kayak feminino, a asturiana Sara Ouzande foi sexta nos 200 metros e se clasificou á semifinal. O brigantino Carlos Arévalo sería quen disputaría o K1 200, no que foi terceiro, adquirindo o pase directo á final. O de Betanzos faría o mesmo no K4 500, xa que co seu equipo formado por Marcus Cooper, Adrián del Río e Álex Graneri, tamén foron terceiros e se clasificaron á final. O K4 feminino 500, representado coa mesma formación que na copa de Szeged, con Sara Ouzande, acompañado por Lucía ValEstefanía Fernández e Bárbara Pardo foron segundas e acadaron o pase á final.

A xornada vespertina comezou co C1 500, no que o vilanovés Manuel Fontán finalizou en cuarta posición, clasificándose así á semifinal. No K1 500 padexaría o mallorquino Alex Graneri, que foi segundo e tamén se clasificou á semifinal. Os representantes da selección na eliminatoria do C2 500 foron o pontevedrés Adrián Sieiro e o madrileño Daniel Grijalba, que venceron na súa carreira e se clasificaron á final. O K2 feminino sobre 500 metros tería nas augas de Račice á emeritense Estefanía Fernández e a donostiarra Begoña Lazkano, que finalizaron en cuarta posición acadando o pase a semifinais. Pola súa parte, o K2 500 masculino estivo formado por Enrique Adán e Carlos García, que foron séptimos e se clasificaron á semifinal.

Por parte das categorías paralímpicas, os resultados tamén foron satisfactorios. O rianxeiro Adrián Mosquera no VL3 clasificouse á final A, mentres que o sevillano Javi Reja o fixo á semifinal. No KL3, estarán na final a canguesa Araceli Menduiña e a ceutí María Jiménez. No KL2, Javi Reja e Ricardo Junquera estarán na semifinal. No KL3, o emeritense Juan Valle clasificouse á final e Nicolás Martínez á semifinal.