Catro novas medallas en Ponte de Lima
A última xornada de Campionato de Europa en Ponte de Lima comezou co K2 feminino na categoría absoluta. Pouco despois de empezar a carreira, o K2 favorito composto polas húngaras Vanda Kiszli e Zsofia Szerafin, era acompañado pola outra embarcación húngara e polo K2 da zumaiarra Irati Osa e a zamorana Eva Barrios. Por outro lado, o kayak da paramesa Raquel Carbajo e a bañolina Aurora Figueras atopábanse no grupo perseguidor. As húngaras ían acabando os kilómetros e Osa e Barrios seguían aguantando con elas, as posicións do podio estaba decidido. A vitoria foi para Kiszli e Szerafin, a prata foi para Panna Sinko e Panna Csepe e o bronce foi para a parella española. Dous minutos e medio despois da cabeza, en quinta posición, entraron Carbajo e Figueras.

O C2 masculino tivo como protagonistas galegos ao pontevedreses Jaime Duro e Óscar Graña e ao grovense Tono Campos e o cuntiense Diego Romero. Despois da primeira media volta o grupo de cabeza estaba formado polos galegos, polos portugueses Rui Lacerda e Ricardo Coelho e os polacos Mateusz Zuchora e Mateusz Borgiel. Cando concluiu a primeira volta os polacos quedaron atrás e despois da primeira metade da carreira a cabeza estaba ocupada pola parella pontevedresa e portuguesa. No derradeiro porteo, Lacerda e Coelho separáronse dos galegos, rematando en primeira posición. A medalla de prata foi para Jaime Duro e o veterano Óscar Graña, que segue na elite con 48 anos, e a terceira posición foi para Campos e Romero.
O campionato rematou co K2 masculino, España, Portugal e Hungría estaban empatados con dous ouros, esta carreira sería a decisiva para resolver o medalleiro. As primeiras voltas estaban formadas por 10 embarcacións, entre as que se atopaban o K2 do tudense Iván Alonso e o madrileño Adrián Martín, o K2 dos asturianos Miguel Llorens e Alberto Plaza, dúas embarcacións portuguesas, dúas húngaras e dúas británicas, o K2 noruegués, o francés e o británico. Preto de cumplirse unha hora da carreira, mantíñanse nove K2 en cabeza, a carreira era moi emocionante. Un mal embarque nun dos últimos porteos, fixo que Alonso e Martín tocasen no timón, tendo que deterse para arreglar o problema manualmente, o que lles impediu alcanzar a cabeza da regata. As posicións de medalla resolveronse no sprint final, resultando coa vitoria de José Ramalho e Fernando Pimenta, segundos foron os húngaros Adrian Boros e Tamas Erdelyi e terceiros foron Miguel Llorens e Alberto Plaza. Alonso e Martín finalizaron en novena posición.
O medalleiro final resolveuse coa vitoria de Portugal, con tres ouros, dúas pratas e un bronce, seguido de Hungría, con dous ouros, catro pratas e dous bronces; España finalizou en terceira posición con dous ouros, unha prata e catro bronces.