Tono Campos proclámase campión de Europa
A primeira proba de categoría absoluta con participación da selección en Ponte de Lima sería o C1 feminino, no que padexaría a madrileña María Martín, que finalizou en oitava posición nunha carreira liderada pola ucraína Olena Tsyhankova.

A ela seguiríalle unha categoría que traería dúas medallas para piraguistas galegos, o C1 masculino. Dende o comezo da carreira o liderazgo estaba entre o grovense Tono Campos, Fernando Busto, nas filas das Torres de Catoira e o húngaro Peter Soletsz. A carreira avanzaba e o húngaro foi sustituído polo portugués Ricardo Coelho, que tamén se quedou atrás nos primeiros porteos. No grupo perseguidor estaban o portugués Rui Lacerda e os polacos Mateusz Borgiel e Mateusz Zuchora. Nos últimos porteos o portugués deixou aos polacos atrás e acadou a posición dos galegos. O resultado decidíuse no sprint final, que lle deu a victoria a Tono Campos, segundo foi Lacerda e terceiro Fernando Busto.
Ás 14:00 sería o turno do K1 feminino, no que a única padexeira da selección sería a grovense Tania Álvarez Yates. Antes dos porteos, o grupo de cabeza estaba formado por seis kayakistas, encabezado pola húngara Vanda Kiszli e no que se atopaba Tania Álvarez na primeira ola. Despois dun porteo, Kiszli, a tamén húngara Panna Csepe e a norueguesa Anna Sletsjoee separáronse das outras tres competidoras. No último sprint final, houbo unha sorpresa cando Sletsjoee púxose en cabeza e acabou 10 segundos por diante de Kiszli. Álvarez encabezou o grupo perseguidor finalizando en cuarta posición.
Como é habitual, a carreira do K1 masculino foi espectacular. Despois da primeira volta, o grupo de cabeza estaba formado por sete padexeiros, nos que estaba o tudense Iván Alonso e o ribereño Adrián Martín, acompañado dos dous portugueses, Ramalho e Henriques, o británico Russell, o noruegués Vold, o danés Knudsen e o sueco Lindberg. A cabeza foise reducindo, Vold e Alonso quedaban atrás, pero con cada porteo que pasaba, o noruegués e o tudense volvían a recortar distancia. As posicións de podio decidíronse no sprint final, a victoria foi para James Russell, seguido de Jose Ramalho e Jon Vold. Alonso e Martín finalizaron en séptima e oitava posición, respectivamente.
Con dous ouros, España encabeza o medalleiro absoluto, seguido de Hungría e Portugal.