Jaime Duro proclámase campión de Europa na distancia curta
Hoxe comezou o Campionato de Europa de maratón na vila portuguesa de Ponte de Lima, no que se realizarían as carreiras de distancia curta.

A primeira final na categoría absoluta foi o C1 feminino, no que a alemana Annette Wehrmann foi a campiona rexistrando un tempo de 00:17:37.19, catorce segundos por diante da francesa Yseline Huet. A terceira posición sería a ucraína Olena Tsyhankova. As participantes da selección sería a madrileña María Martín, que finalizou en oitava posición e a padronesa Candela Moreno, que foi décimo cuarta. A seguinte carreira sería a que daría a única medalla en categoría absoluta da xornada. O C1 masculino, no que o pontevedrés Jaime Duro, proclamouse campión de Europa cunha distancia considerable; o pontevedrés padexou en solitario dende antes do primeiro porteo. No grupo perseguidor se atopaba o grovense Tono Campos, padexando cos dous canoístas polacos e o portugués Rui Lacerda. Uns problemas no embarque dun porteo e uns toques nunha ciaboga fixeron que o meco tivese problemas para acadar a medalla, finalizando en cuarta posición, detrás dos polacos Mateusz Zuchora e Mateusz Borgiel.
Na carreira do K1 feminino, a nove veces campiona do Mundo, a húngara Vanda Kiszli, pronto se puxo en cabeza. No grupo perseguidor se atopaban a zamorana Eva Barrios e a zumaiarra Irati Osa. A carreira rematou coa victoria de Kiszli, acompañada no podio pola norueguesa Anna Sletsjoee e a danesa Pernille Hostrup. Osa foi oitava e Barrios décimo segunda.
Do mesmo xeito que o fixeron nas eliminatorias, nas que gañaron as súas respectivas carreiras, os portugueses Fernando Pimenta e Jose Ramalho se puxeron pronto nas posicións de cabeza. Na primeira volta non había ningún padexeiro nacional no grupo de cabeza, pero foi na segunda na que o tudense Iván Alonso acadou chegar ata o grupo, formado por sete kayakistas. Houbo un sorprendente sprint final no que estaban catro padexeiros, que se resolveu coa vitoria do local Fernando Pimenta, 0.56 segundos por diante do británico James Russell e 1.21 do tamén luso Jose Ramalho; o cuarto foi o húngaro Bruno Kolozsvari e metros detrás chegaría á meta o tudense. O veteranísimo asturiano Walter Bouzán finalizaría en oitava posición, a 18.96 segundos de Pimenta.
Mañá non haberá competicións das categorías absolutas, que tocarán o sábado co maratón tradicional en embarcacións individuais.