Sete novas medallas sitúan á selección na terceira posición en Szeged 2025

As primeiras carreiras da mañá poñían á canoísta pontevedresa Antía Jácome e á murciana nada en Ucrania, Viktoriia Yarchevska, na final do C1 200. O mesmo sucedería con Adrián del Río e Alex Graneri no K1 500. O C2 500 tamén tería unha doble participación coa parella de Adrián Sieiro e Daniel Grijalba e a de Joan Antoni Moreno e Diego Domínguez. Os resultados da semifinal do K2 500 deulle o pase á embarcación de Estefanía Fernández e Begoña Lazkano, á final; do mesmo xeito que o acadaría o K2 500 masculino de Enrique Adán e Carlos García.

A primeira final con participación da selección sería o C1 200 feminino, na que a ucraniana residente en Murcia, Viktoriia Yarchevska foi a clara vencedora e a pontevedresa Antía Jácome foi sexta. A final do K1 500 volvería a traer outra medalla, Alex Graneri púxose en posicións de podio dende o inicio da carreira, finalizando en segunda posición por detrás do húngaro Adam Varga.

O C2 500 sería a carreira da selección, as cousas apuntaban ben dende o inicio da carreira, con un Joan Antoni Moreno e Diego Domínguez encabezando a carreira. Pola súa parte, o pontevedrés Adrián Sieiro e o madrileño Daniel Grijalba puxéronse en segunda posición nos últimos 50 metros, e acabando nese puesto por tan só 0.11 s.

A segunda posición volveuna ter o K2 500 de Enrique Adán e Carlos García Ruiz, que tras unha modesta saída, colocáronse en segunda posición nos últimos 200 metros. O madrileño e andaluz foron prata tralos húngaros Kurucz e Opavszki.

Despois dunha pequena pausa tiveron lugar os 5000 m. A primeira carreira sería o C1 feminino, no que a madrileña María Corbera manteríase en cabeza os primeiros 10 minutos. Despois estivo enfrontándose á húngara Csorba, que a deixou atrás no segundo porteo. Corbera finalizou en segunda posición rexistrando un tempo de 28:33.18, 21 segundos por detrás da húngara. A outra representante, a andaluza Ana Cantero, sería quinta. No C1 masculino, o pontevedrés Jaime Duro loitou pola primeira posición contra o cubano José Ramon Pelier Córdova. Nos porteos, Duro sacaballe terreno a Pelier, pero o seu desgaste pasoulle factura nos dous últimos minutos da regata, cando o cubano o deixou atrás, deixándoo cunha diferencia de 16.94 segundos. Pola súa parte, o madrileño canoísta do Breogán do Grove, Noel Domínguez, finalizou en sexta posición.

O K1 feminino contou cunhas fortes Estefanía Fernández e Miriam Vega, a medalla parecía estar clara para Fernández, quen padexaba contra as húngaras Kohalmi e Rendessy e a italiana Cicaly; mentres a sueca Melina Andersson mantíñase soa en cabeza. Unha lenta salida no porteo no minuto 16 sacou a Fernández das posicións de podio. Finalmente a xa campiona no K4 finalizou en quinta posición e a súa compañeira Miriam Vega, rematou en oitavo lugar. Como é habitual, a competición do K1 5000 foi un espectáculo; os nomes fortes aquí foron o portugués Fernando Pimenta e o sudafricano Hamish Lovemore. Pola parte da selección estaban o incombustible riosellano Walter Bouzán e o talaverano Paco Cubelos. A partir dos primeiros 4 minutos, houbo unha sorpresa, o noruego Jon Vold mantívose en cabeza cunha longa distancia sobre o grupo perseguidor. A loita polas medallas se mantivo entre Pimenta, Bouzán, Cubelos, o húngaro Noe, o noruego Rask e o outro kayakista portugués, Joao Ribeiro. No minuto 15 os perseguidores tan só eran Pimenta, Bouzán e Noe. Como era previsible, a victoria foi para Vold, Pimenta en segunda posición e Noe terceiro; o riosellano Walter Bouzán, con 48 anos, tivo que conformarse coa cuarta posición. Posicións máis atrás finalizaría os 5000 Paco Cubelos, en noveno lugar.

A selección finalizou con 12 medallas na Copa do Mundo de Szeged, tres ouros, seis pratas e tres bronces. Con este resultado España foi terceira no medalleiro, o segundo país, Polonia, tan só acadou seis medallas, pero catro delas foron ouros. A victoria foi indiscutible para o país anfitrión, Hungría, que acadou 20 medallas, sete de elas foron ouros.