Nove embarcacións están nas finais da Copa do Mundo de Sprint en Szeged

Hoxe 16 de Maio, tivo lugar a primeira xornada da Copa de Sprint de Szeged, en Hungría; na que se disputarían as eliminatorias e semifinais para as primeiras finais que terán lugar mañá.

As primeiras clasificatorias con presencia nacional sería o K4 500, no que competirían o brigantino Carlos Arévalo, os mallorquines Marcus Cooper e Alex Graneri e o ribereño Adrián del Río; o equipo gañou a súa eliminatoria conseguindo o acceso á final directa. O mesmo faría o K4 feminino das asturianas Sara Ouzande e Lucía Val, a emeritense Estefanía Fernández e a valenciana Bárbara Pardo.

No C2 500 feminino, a mallorquina María Moreno e a ucraniana afincada en Murcia, Viktoria Yarchevska gañaron a súa eliminatoria conseguindo a clasificación directa. Namentres, a pontevedresa Antía Jácome e a madrileña María Corbera serían finalista a través da semifinal. No K1 1000 feminino, a zamorana Laura Pedruelo conseguiu a final directa. O C1 200, o cangués Pablo Graña acadou a clasificación directa á final. Na mesma distancia no K1, Carlos Arévalo e Carlos Garrote clasificáronse á semifinal, na que o brigantino entrou na final A e o zamorano o fixo á final B.

No C1 500 feminino, María Corbera acadaría unha nova clasificación. No C1 1000 masculino, o pontevedrés Pablo Crespo tamén acadou a clasificación directa á final, mentres que o seu veciño Jaime Duro, non acadou a clasificación. As carreiras continuaban e os resultados non paraban de dar alegrías aos padexeiros e seareiros.

Despois dunha boa eliminatoria do K1 1000 do talaverano Paco Cubelos e o zumaiarra Íñigo Peña, tiveron unha complicada semifinal na que Cubelos acadou a clasificación á final C e Peña, á B. No K1 500 feminino, a pasaitarra Begoña Lazkano clasificouse á final B.