París 2024 remata con nove diplomas olímpicos
Durante as últimas xornadas dos Xogos Olímpicos de París, a selección española de piragüismo non conseguiu ningunha medalla; pero ao longo de tódalas finais, acadáronse nove diplomas olímpicos.
A pontevedresa Antía Jácome acadou a 4ª posición en C1 200 e a 6ª no C2 500 xunto a madrileña María Corbera. Marcus Cooper, bronce olímpico en K4, acadou un diploma olímpico no K2 500 co xoven madrileño Adrián del Río. Deste xeito, estes cinco diplomas súmanse aos das tripulantes do K4 de Teresa Portela, Carolina García, Sara Ouzande e Estefanía Fernández.
Moitos destes nomes son aínda moi novos, así que inda son unha gran promesa para os Xogos de Los Angeles 2028.