Aranjuez vence no Campionato de España de Ríos, o Tudense e o Ría de Aldán acompáñano no podio

Este ano, o descenso do Río Miño en Tui converteuse no Campionato de España de Ríos.

Deste xeito, o método de saída cambiou, mentres as embarcacións individuais facían a saída de terra tradicional nesta competición, a saída dos K2 e dos veteranos sería dende a auga.

O primeiro en cruzar a liña de meta sería o K2 tudense formado por Roi Rodríguez e Matías Valentín Otero. Nas liñas das Torres de Catoira, Iván Alonso en K1, faría unha carreira moi rápida, chegando un segundo despois que a embarcación tudense. A segunda embarcación do K2 sería a embarcación do Club Deportivo Amigos del Remo de Zamora, formada por Sergio Pereda e Spas Dimitrov, dous segundos por detrás de Rodríguez e Otero. Os terceiros foron os do SCD Ribadesella, Miguel Lloréns e Alberto Plaza, que entraron por detrás dos K1 Abel García, tamén do Ribadesella e Antonio Palmas, de Vilaboa.

No C1 masculino o vencedor foi o ribereño Ignacio Calvo, do CEP Aranjuez, seguido do pontevedrés Óscar Graña, do Kayak Tudense. A medalla de bronce sería para Adrián Edreira, tamén do Kayak Tudense.

A vitoria do K2 feminino foi para a embarcación do Kayak Tudense composto polas lucenses Tania Fernández e Carmen Villar. Un minuto e 12 máis tarde entrarían en meta as subcampioas Aitana Gastaldo e Natalia Sánchez, do CEP Aranjuez. Con moita diferencia entrarían as terceiras, Uxía Dávila e María Rodriguez, do Club de Mar Ría de Aldán. No K1 feminino, a vencedora sería a subcampioa do Mundo, Eva Barrios, do Club Deportivo Durius Kayak Zamora. A segunda posición foi para Irati Osa, do Itxas Gain Zumaiako Klub; a medalla de bronce foi pola tamén medallista mundial Amaia Osaba, do Iruñea Piraguismoa.

No C1 feminino, a campioa foi Noa Conde, da Escuela de Piragüismo Ciudad de Pontevedra, as súas compañeiras de podio serían do mesmo clube ca ela, elas dúas foron Jenifer Casal e Rosana Simón.

A nivel de clubes, os vencedores foron os do CEP Aranjuez, seguidos do Kayak Tudense e o Club de Mar Ría de Aldán.