A selección despídese de Hungría con seis medallas

Esta mañá celebrouse en Szeged a derradeira xornada da Copa do Mundo de Sprint. Os ollos dos siaeiros galegos estiveron fixos nas padexadas da canoísta pontevedresa Antía Jácome, que nunha igualada carreira quedouse fora do podio por tan so 0.09 segundos, nunha carreira liderada polas dúas embarcacións canadienses. Pola súa parte, a madrileña María Corbera, finalizou en sexta posición.

No K1 500, as dúas representantes españolas, Begoña Lazkano e Isa Contreras, non acadaron clasificarse á final A, e foi na final B na que a donostiarra superou á ceutí, obtendo así a clasificación para os Xogos de París.

Na final do K1 1000, o representante era o talaverano Paco Cubelos. Tras unha intensa carreira, na que nos primeiros 500 metros veíamos a Cubelos nunha das dúas últimas posicións, foi remontando ata finalizar sexto, nunha carreira liderada polo húngaro Balint Kopasz. No C1 1000, o pontevedrés Pablo Crespo non acadou a clasificación á primeira final, acadando finalmente unha quinta posición na final B.

Ao mediodía celebráronse as carreiras dos 5000 metros, no que a única representante foi a emeritense Estefanía Fernández. A de Mérida estivo loitando pola cabeza fronte á sueca Melina Andersson dende o segundo quilómetro, no que estiveron padexando soas do resto do grupo de carreira. As dúas estiveron igualadas, pero no derradeiro porteo, a sueca separouse de Fernández, quen non conseguiu collela no resto da carreira. Asemade, a emeritense proclamouse subcampiona do mundo.
Finalmente, a selección finalizou o campionato con seis medallas: un ouro, dúas pratas e tres bronces.