A selección acada 5 medallas na Copa do Mundo de Szeged
Este fin de semana dispútase en Szeged (Hungría) a Copa do Mundo de Sprint, último encontro internacional antes dos Xogos Olímpicos de París.

Ao longo da semana tivo lugar o selectivo europeo, no que o canoísta pontevedrés Pablo Crespo e o K2 de Laia Pelàchs e Begoña Lazkano optarían a por unha praza. Despois dunha gran eliminatoria, o K2 da banyolina e a donostiarra non acadou a praza na final, acadando un cuarto posto. Polo seu lado, o pontevedrés acadou unha terceira posición na súa final; agora el está á espera da decisión da INA (Individual Neutral Athletes), que faga a resignación das súas prazas para poder clasificarse aos xogos.
A primeira final con promesa de medalla foi a do K4, no que se atopa a canguesa Teresa Portela, a pontevedresa Carolina García, a emeritense Estefanía Fernández e a asturiana Sara Ouzande. Nunha carreira sorprendente (e imprevista), o K4 da selección finalizou en quinta posición, asemade, o K4 neozelandés encabezado por Lisa Carrington tamén quedou fora do podio, ocupado polas seleccións alemana, polaca e china.
A primeira medalla veu da man do K4 do brigantino Carlos Arévalo, o cangués Rodrigo Germade, o ilerdense Saúl Craviotto e o mallorquino Marcus Cooper, que foron bronce por detrás do equipo alemán e australiano. O C2 da pontevedresa Antía Jácome e a madrileña María Corbera foron terceiras nos 500 metros despois da parella china e canadiense. O C2 de Diego Domínguez e Joan Antoni Moreno proclamáronse subcampións nos 500 metros, vencendo á parella sevillana de García e Martínez (titulares en Tokyo 2020) e clasificándose para París.
Polo mediodía o C2 de Jácome e Corbera volverían a competir nos 200 metros, repetindo medalla por todo o alto conseguindo así o primeiro ouro da selección. Pouco despois terían lugar as finais do K2 500, cuxas embarcacións participantes tiveron un cambio de formación, polo seu lado, a embarcación de Marcus Cooper e Adrián del Río acadaron a medalla de bronce, namentres que a parella de Arévalo e Germade quedáronse na final B. A continuación os siaeiros estivemos mirando o paleo do pontevedrés Pablo Crespo, que rozou a medalla nos 500 metros, nunha carreira liderada polo brasileiro Isaquias Queiroz.
Mañá a competición terá o seu final, e nel competirá o C1 200 de Antía Jácome e María Corbera, o K1 500 de Begoña Lazkano e a ceutí Isa Contreras, o K1 1000 do talaverano Paco Cubelos, o C1 1000 de Pablo Crespo e o K1 5000 de Estefanía Fernández.