A selección precisa o seu equipo para os Xogos de París

Estes últimos tres días a pista do Pontillón acolleu as probas selectivas ás olimpíadas de París ou ao proceso do selectivo que terá lugar no selectivo olímpico europeo en Hungría.

As probas que tiveron lugar o mércores dez, a selección xa adquiriu a plaza para os Xogos no mundial do ano pasado; con este selectivo os correspondentes padexeiros irían a corroborar a súa participación. Iso mesmo foi o que fixo o K4 feminino das galegas Carolina García e Teresa Portela, coa asturiana Sara Ouzande e a emeritense Estefanía Fernández, que gañaron a súa carreira e confirmaron a súa participación en París. O K4 masculino fixo o mesmo coa vitoria do brigantino Carlos Arévalo, o cangués Rodrigo Germade, o ilerdense Saúl Craviotto e o mallorquino Marcus Cooper. A mañá do mércores tamén tivo lugar o selectivo do C2 500 feminino, no que as titulares Antía Jácome e María Corbera consolidaron a súa praza. Non sería así no C2 masculino, no que os sevillanos Tano García e Pablo Martínez non tiveron unha boa carreira, a que tivo como vencedores ao C2 de Joan Antoni Moreno y Diego Domínguez; deste modo a selección olímpica terá lugar no clasificatorio europeo de Szeged, na que o vencedor das parellas de García/Martínez e a de Moreno/Domínguez será quen participe en París.

O xoves tería lugar o selectivo do K1 1000 metros, no que o titular Paco Cubelos foi o vencedor e corroborou a súa participación en París. No K1 500 feminino, España ten confirmada unha praza que acadou a ceutí Isa Contreras o ano pasado, con todo, a vitoria non foi para Isa, senón que a emeritense Estefanía Fernández foi a máis rápida; porén terán o mesmo destino que o C2 500, as dúas padexeiras terán que desempatar o próximo mes en Szeged. Unha das poucas prazas nas que a selección non ten praza para os Xogos Olímpicos de París é o C1 1000, cuxo selectivo nacional foi liderado polo galego Pablo Crespo, quen terá que obter a praza olímpica en Hungría.

Os selectivos olímpicos que tiveron lugar hoxe venres foi o K2 500 feminino, no que as titulares Laia Pèlachs e Begoña Lazkano finalizaron en segunda posición detrás da asturiana Sara Ouzande e a pontevedresa Carolina García; elas dúas xa tiñan a praza olímpica do K4, de modo que a clasificación da categoría, a terán que obter Pèlachs e Lazkano en Szeged. A última clasificación en categoría olímpica foi a do K2 500, na que os titulares Rodrigo Germade e Adrián del Río demostraron que seguen sendo os mellores de España na categoría e consolidan a súa participación en París 2024.