O Club Piragüismo Vilaboa lidera o medalleiro do Campionato de Inverno
O Campionato Galego de Inverno, disputado en embarcacións individuais sobre 5000 metros, realizouse en Castrelo de Miño.
Nas categorías absolutas, o vencedor do K1 masculino foi Antonio Palmas, do Piragüismo Vilaboa, quen se impuxo no sprint final ao pontevedrés Joaquín Iglesias, palista no Club de Piragüismo Rías Baixas – Boiro; seis segundos detrás, entraría en meta o compañeiro de club do segundo, o valdeorrés Adrián Prada. No K1 feminino, a lideresa foi a campiona do mundo, Tania Álvarez Yates, do Breogán do Grove, catro segundos por diante de Carmen Villar, do Kayak Tudense; polo seu lado, a padexeira das Torres de Catoira, Ángela Baulde, foi terceira con máis de medio minuto de diferencia da breoganista.

O C1 masculino tivo como lider a Jaime Duro, do Ciudad de Pontevedra, menos de un segundo por diante do tricampeón mundial Tono Campos, do Breogán; Fernando Busto, das Torres de Catoira, entraría en meta a 19 segundos de Campos. No C1 feminino, a vencedora foi Cristina Soutelo, do Kayak Tudense, cunha clarísima diferencia da segunda, a canoísta da do Ciudad de Pontevedra, Noa Conde; a terceira sería a compañeira de clube de Conde, Jenifer Casal.
Nas categorías de Paracanoe, o vencedor no K1 masculino sería o vilaboés Marcos Terzado, que entrou en meta a sprint final co seu compañeiro de clube, Celso Martínez; o que acadou a medalla de bronce foi Juan Carlos Fernández, do Ría de Betanzos.
No medalleiro final, os campións serían os do Piragüismo Vilaboa, por diante do Club As Torres – Romería Vikinga e o Fluvial de Lugo. Nas metacategorías, o mellor no senior masculino sería o Fluvial de Lugo, a categoría de senior feminino foi liderada polo Kayak Tudense. Nos resultados junior, os vencedores na categoría masculina foi o Fluvial de Lugo, e a Escuela de Piragüismo Ciudad de Pontevedra foron os primeiros da categoría feminina.