Entrevista a Carolina García
Na temporada pasada, a kayakista pontevedresa Carolina García Otero acadou a medalla de bronce no K4 500 do mundial de piragüismo de Duisburg, clasificatorio para os Xogos Olímpicos de París. Con este resultado, Carolina clasificouse para os Xogos de París, nunha embarcación que compartirá coa canguesa Teresa Portela, a xixonesa Sara Ouzande e a emeritense Estefanía Fernández.

A Contra Vento: Hoxe estamos con ela. Bos días Carolina e moitas grazas por conceder esta entrevista.
Carolina García: Bos días, moitas gracias as a ti por pensar en min para esta entrevista.
ACV: Durante varios anos levas preparándote para competir en campionatos europeos e mundiais. Este ano tes uns Xogos Olímpicos de obxectivo, o adestramento está sendo especialmente duro?
CG: Nestes últimos anos os adestramentos están sendo máis exixentes en cada tempada. É certo que este ano está sendo especialmente duro, tanto pola carga de traballo como pola mentalidade competitiva que hai que ter no día a día. Inda así, penso que esta é a única forma de conseguir o noso obxectivo.
ACV: Descríbenos cun breve resumo como están sendo os adestramentos nestes últimos meses.
CG: Estamos nun momento do ano de gran exixencia, onde temos que facer volumes moi grandes de traballo tanto na auga como no ximnasio. E onde as condicións climatolóxicas para os piragüistas son especialmente duras. Nos temos a sorte de que estamos facendo varias sesións en barcos de equipo e de esta forma os quilómetros fanse máis doados.
ACV: O ano pasado competiches polo Club Náutico Sevilla, este ano volveremos verte cas mesmas cores nas competicións nacionais?
CG: Si, a verdade e que neste club estou moi contenta xa que sinto que escoitan as miñas necesidades e da mesma forma eu intento axudar sempre que podo. Ademais, estou a gusto competindo en barcos de equipo coas miñas compañeiras porque sempre teñen boa actitude e son moi competitivas. A verdade é que a día de hoxe non teño motivos para competir por outro club.
ACV: Competirás no campionato de España de inverno a primeiros de Marzo? Ou é algo que aínda non tes planificado?
CG: A verdade e que aínda non sei como imos planificar ese momento da tempada.
ACV: En 2017 estiveches padexando en Pitesti no mundial junior, naquel entón acadaches unha medalla de prata no K4. Daquela vías a posibilidade de que nus poucos anos participarías nuns XXOO nun K4 con Teresa Portela?
CG: Nese momento non me plantexaba a posibilidade de competir nun mesmo barco con Teresa, é algo que me parecería imposible por moitos motivos. Pero síntome moi afortunada de que se desen as circunstancias para ter esta oportunidade e de habelas aproveitado, xa que para min era unha referente dende que empecei a remar e sinto que me fixo crecer moito.
ACV: A relación coas túas compañeiras de K4 é tan bo fora do auga como nela?
CG: Claro, cando estás nun barco loitando cada día por un mesmo obxectivo, chega un punto que non ves compañeiras, ves un equipo forte e unido. Tanto dentro como fóra da auga, e penso que esta é a mentalidade que temos que ter para ser mais fortes que as nosas rivais.
ACV: Gracias polo teu tempo e moito ánimo para os Xogos Olímpicos!
CG: Moitas gracias! Un pracer.