O Kayak Tudense vence en casa no LII Descenso Internacional do Río Miño
O LII Descenso do Río Miño contou cun total de máis de 500 participantes, que comezou cunha espectacular saída de terra na que se da o pistoletazo de saída para tódolos participantes.

Nesta edición, o vencedor volveu estar por debaixo da hora, os campións absolutos, o K2 do Club Piragüismo Rías Baixas – Boiro, tripulado por Adrián Prada e Joaquin Iglesias, rexistrou un tempo de 59:07,97, cinco segundos por diante dos segundos, o K2 de Bruno Brasileiro e Francisco Santos, do Clube Náutico Ponte de Lima; o podio do K2 o pecharían Iván Alonso e José Barreiro, das Torres de Catoira. No kayak individual masculino, o campión sería Manuel Garaycoechea, do Club de Regatas de Uruguay, cunha diferencia de 4 minutos, entraría en meta Diego Dacosta, do Club de Mar Ría de Aldán; Breogán Monteagudo, do Naval de Pontevedra, pecharía o podio, entrando segundos despois que Dacosta. Os máis rápidos no C2 masculino foron Fernando Busto e Diego Miguens, das Torres de Catoira, que deixaron moito marxe cos subcampións, Rubén Paz (orixinario de Cangas) e Julián Serrano, da Escuela de Piragüismo Aranjuez. En terceira posición estarían os locales Xoel e Vicente Correa. A canoa individual tivo como vencedor a Jaime Duro, do Ciudad de Pontevedra, a tan só dous segundos de Óscar Graña, do Kayak Tudense, o terceiro escalón do podio sería para Ricardo Coelho, do Náutico Ponte de Lima.
Na categoría feminina, as mellores no K2 Senior foron Tania Fernández e Carmen Villar, do Kayak Tudense, un segundo por diante das portuguesas Rafaela Teixeira e María Gomes, do Náutico de Prado. Tamén do tudense serían as terceiras, Lara Feijóo e Iria Ludeña. A máis rápida no K1 foi a mítica maratoniana Amaia Osaba, do Club de Piragüismo Pamplona; a subcampiona foi a mexicana Cecilia Collueque, do Club Canotaje Progreso, que entrou en meta tres minutos por detrás que Osaba; quen ocuparía o terceiro escalón sería Marta Mourelos, do Breogán do Grove. A canoa feminina tivo como vencedora a Noa Conde, da Escuela de Piragüismo Ciudad de Pontevedra, segundos por diante de María Perez, do Muíño de Ribadumia. A medalla de bronce da categoría sería para Rosana Simón, tamén do Ciudad de Pontevedra. O K2 mixto sería liderado polos locais Leticia Piña e Rubén Millán, a medalla de prata sería para Cristina Franco e Rubén Franco, do Club Deportivo Cisne e o bronce foi para Raquel Rodríguez e Iván Dominguez.

A entrega de medallas sufriu un certo percance polo afundimento da metade do pantalán no que se atopaba o podio, aínda que non houbo maior problema que pes mollados e algunhas risas dos espectadores. Na clasificación xeral a nivel de clubes, os vencedores foron os do Kayak Tudense, a segunda posición foi para o Ciudad de Pontevedra e a terceira foi para o Naval de Pontevedra.