A selección española finaliza a Copa do Mundo en segunda posición

Os primeiros en competir esta mañá foron os padexeiros do K2 500, por un lado o cangués Rodrigo Germade e o balear Marcus Cooper gañaron a final B; e na mesma final padexarían o brigantino Carlos Arévalo e o ilerdense Saúl Craviotto, que foron quintos. A seguinte participación da selección foi a do vilanovés Manuel Fontán e o cangués Pablo Graña, que foron novenos na final B. Preto das 11 sería o turno da donostiarra Begoña Lazcano e a banyolina Laia Pèlachs, que foron segundas na final B do K2 500.
A primeira das participantes españolas nas finales A foi a da madrileña María Corbera, que foi sexta no C1 sobre 500. A promesa de medalla viría co C2 500, os siaeiros tiñamos os ollos postos nos sevillanos Cayetano García e Pablo Martínez. En canto finalizou a carreira, pensamos que habían sido terceiros (incluso a organización o cría); non obstante, as comprobacións na foto finish declarou que a embarcación italiana foi vencedora por tan só 0.02 s., de tal xeito que se quedaron na cuarta posición. A participación española tamén estaría nos 5000 metros, unha carreira na que a emeritense Estefanía Fernandez foi a campiona, cunha diferencia de 12.26 segundos da sueca Melina Andersson. Polo seu lado, Begoña Lazcano finalizou en quinta posición.
Actualizando o medallero, a selección finalizou en segunda posición, con tres ouros, tres pratas e un bronce. Hungría, o país anfitrión, serían os gañadores; a terceira posición foi para Rumanía.