Campionato de España de Inverno 2023

Este fin de semana o calendario da liga de augas tranquilas de España inaugurábase coma sempre co Campionato de España de Inverno. A competición rexistrou un total de case 1300 inscritos nas modalidades de senior, sub23, junior, veterano e paracanoe.

Onte sábado foi o turno das probas de clasificación e as finais das categorías junior, paracanoe e tódalas categorías da canoa feminina. No caso da canoa feminina senior, a victoria foi para a ribereña María Corbera, gañadora da categoría en múltiples ocasións. O segundo posto foi para Cristina Soutelo e o bronce foi para Yurely Andrea Martín, ámbalas dúas do Kayak Tudense.

A primeira competición da categoría senior de hoxe foi o C1 masculino. Unha regata na que os breoganistas Noel Domínguez e Diego Romero descolgaron ao resto do grupo antes dos 15 minutos. Eles dous eran perseguidos polos seus compañeiros de clube, o grovense Tono Campos e o cangués David Barreiro, e o tudense Manu Garrido (Club Kayak Tudense). Preto dos 20 minutos, David Barreiro foise descolgando, namentres Noel e Diego seguían en cabeza sen ser alcanzados polos seus perseguidores. O sprint final decidiu a victoria de Noel, mentres que Diego entraba en meta cinco segundos despois. A terceira posición tamén sería para o Breogán do Grove, por parte de Campos, e Garrido finalizou cuarto.

O K1 feminino sería o seguinte en dar a saída, na que a extremeña Estefanía Fernández (Club Iuxtanam Mérida) mantívose marcando durante os primeiros minutos. Ao seu lado se atopaban a donostiarra Begoña Lazkano (Club Donostia Kayak K.E.), a zamorana Laura Pedruelo (Club Deportivo Durius Kayak Zamora) e Miriam Vega (Real Grupo de Cultura Covadonga). No segundo grupo atopábase a xixonesa Sara Ouzande (Universidad Católica San Antonio), a zumaiarra Irati Osa (Itxas-Gain Zumaiako Urola Itsas-Adarra), a zamorana Eva Barrios (Club Deportivo Durius Kayak Zamora), a banyolesa Laia Pèlachs (Club Natació Banyoles), e as locais Teresa de la Peña e Carolina García. No minuto 8, Cristina Pardo avanzou dende o segundo grupo ata marcar a carreira, dous minutos despois os dous grupos de cabeza se encontrarían. No último kilómetro, catro padexeiras deixaron atrás ao resto, un grupo formado por Lazkano, Fernández, Pedruelo e Pèlachs. Xusto despois de descolgarse da cabeza, Miriam Vega conseguiu volver a enganchar ao grupo de cabeza. Non obstante, ese esforzo a impediu manterse no sprint final no grupo; sprint que resolvería a carreira dándolle a victoria a Fernández (repetindo a victoria do 2022), a prata para Pedruelo e o bronce para Lazkano.

Pasadas as 13.00 tería lugar a proba reina do campionato, o K1 masculino. Tras unha saída impresionante, o zumaiarra Íñigo Peña marcaba o pico do grandísimo grupo. Unha primeira posición que pasados os dous primeiros minutos sería para o parragués Pedro Vázquez Llenín (Kayak Tudense). Peña colocaríase na primeira ola, posición que compartiría co asturiano Walter Bouzán (Club Deportivo de Piragüismo El Sella). Pasados os 4 minutos, o talaverano Paco Cubelos (Universidad Católica San Antonio) iría avanzando ata colocarse en cabeza. Na primeira ciavoga, cunha posición favorable, o tudense Iván Alonso (Club As Torres de Catoira) avanzaría ata colocarse na segunda posición. Nas últimas posicións do grupo de cabeza tamén se atopaban Jose Julían Becerro e Adrián Martín (Club Piragüismo Aranjuez), e Alberto Plaza (Sociedad Cultural y Deportiva Ribadesella). Máis atrás, en novena e décima posición atopábanse Milín Llamedo e o presidente da RFEP, Javier Hernánz (ambos do Club Jaire Aventura Los Rápidos de Arriondas). Unha emocionante carreira tivo lugar nos seguintes minutos, nas que ás veces marcaba José Julián Becerro e noutras Paco Cubelos. Achegándose á derradeira ciaboga, eles dous xunto con Bouzán, Alonso e Martín xa tiñan definidas as cinco primeiras posicións. Mala sorte tívoa Adrián Martín, quen volcou na última ciaboga. O sprint final foi para Cubelos, Bouzán e Becerro, que finalizaron nesas respectivas posicións.

A nivel de clubes, o campión foi a Escuela de Piragüismo de Aranjuez, seguido do Kayak Tudense e o Club Náutico Sevilla; os tres clubs con moita ventaxa sobre os demáis clubes do campionato.