Un ouro e un bronce na terceira xornada de Ponte de Lima 2022

A terceira xornada do Campionato arrancou co K1 xuvenil masculino, no que Anxo García e David Pazos se mantiveron no grupo de cabeza durante os primeiros kilómetros da carreira. Foi antes do segundo porteo cando os cinco primeiros descolgaron ao resto. Finalmente a victoria foi para o húngaro Kolozsvari, a tan só uns segundos do arxentino Salinas. Namentres, García foi séptimo e Pazos foi décimo. A continuación tivo lugar o C1 feminino, que tivo un indiscutible liderazco da ucraniana Liudmyla Babak. Despois de entrar en meta, finalizou a húngara Zsofia Kisban, con case dous minutos de diferencia. A británica Bethany Hill, a 02:39 da ucraniana, finalizou en terceira posición e as representantes españolas, Noa Conde e Gema Victoria remataron en 9ª e 13ª posición.

A seguinte carreira tivo unha gran pronóstico de cara os canoístas da selección. Durante a primeira volta estaban en cabeza o grovense Tono Campos, o tudense Manu Garrido, o portugués Sergio Maciel e o húngaro Marton Kover. Cando tivo lugar o primeiro porteo, Garrido e Kover xa descolgaran ao resto, metres que a Campos e a Maciel uníuselles o polaco Borgiel. Os kilómetros pasaron, a victoria era clara para Garrido ou para Kover. No último kilómetro decidiuse o campionato, Manu Garrido sprintou e conseguiu a súa primeira victoria mundial da súa carreira. Polo seu lado, Tono tamén decidiu a carreira a sprint final superando a Borgiel e acadando así a medalla de prata.

C1 Senior en Ponte de Lima

O K1 feminino tivo un reñido comezo, tan foi así que pasados os 10 minutos, o grupo de cabeza, liderado pola húngara Vanda Kiszli, sumaba un total de 12 padexeiros. A zamorana Eva Barrios e a madrileña Lucia Arquero, formaban parte dese grupo. Pasada unha hora de regata, definíronse os tres postos do podio, entre as que estaba a húngara Kiszli, a sueca Melina Andersson e a británica Samantha Rees-Clark. A victoria decidiuse a sprint final, no que a magiar foi máis rápida que a sueca. Tamén a sprint se resolveu a cuarta posición, que foi para Barrios, deixando á irlandesa Jennifer Egan, en quinto posto. Namentres, Arquero foi 8ª.

Competencia si que a houbo no K1 masculino, que ademáis de sumarlle a grandes palistas coma o tudense Iván Alonso, o sudafricano Andrew Birkett, o danés Mads Pedersen, o húngaro Adrian Boros, o arxentino Franco Balboa, con Jose Ramalho tamén se lle incorporou o local Fernando Pimenta. Este gran grupo foi loitando por manterse en cabeza casi toda a carreira. Polo seu lado, o alemán Paufler e o outro membro da selección, Adrián Martín, encabezaban o grupo perseguidor. A sprint final decidiuse o resultado, a victoria foi para Birkett, o portugués Ramalho foi subcampión mentres que Pedersen obtivo a medalla de bronce. Catro segundos despois do danés chegaría á meta Iván Alonso, doce segundos por diante de Pimenta.