A selección española proclámase campiona do Mundo en Ponte de Lima 2022
A xornada de onte foi un día de victoria para moitos membros e membras da selección. Aínda non eran as 09.00 h. cando se leu lugar a saída do C2 Senior. Os ollos dos seguidores nesta proba estaban no C2 dos breoganistas Tono Campos e Diego Romero e no do catoirense Fernando Busto e o vilagarciano Diego Miguens. Despois de dar a primeira ciaboga, as dúas embarcacións se puxeron en cabeza, da que non sairían en todo o maratón. Tras percorrer os 26,20 km., a victoria foi para a parella Campos e Romero, prata para Busto e Miguens e o bronce sería para a embarcación polaca.
Eran as 12:15 cando se deu a saída do K2 Senior feminino, as representantes nacionais aquí estaban no K2 da lucense Tania Fernández e a grovense Tania Álvarez e o K2 da conquense Arantza Toledo e a zumaiarra Irati Osa. Pasara case unha hora do comezo e o grupo de cabeza aínda contaba con sete embarcacións, entre as que se atopaban os dous kayaks da selección. Foi no último porteo cando “as Tanias” deixaron atrás ao K2 da húngara Renata Csay, quen conta con 20 medallas de ouro mundiais; deste xeito chegaron ata a liña de meta claramente, sen necesidade de resolvelo a sprint final. Polo lado de Toledo e Osa, tiveron que conformarse coa cuarta posición, por detras das suecas Melina Andersson e Johanna Johansson.

A derradeira competición do campionato foi o K2 Senior Masculino, a cal tivo unha grandísima expectación dado a gran competencia que ten esta categoría. Durante máis da metade da carreira, o grupo de cabeza era formado por unhas sete embarcacións, outras por dez. Foi na última volta cando os postos de podio estiveron máis definidos, por un lado estaban os portugueses José Ramalho e Fernando Pimenta (que é propiamente de Ponte de Lima), os asturianos Miguel Lloréns e Alberto Plaza, os húngaros Adrian Boros e Tamas Erdelyi e os noruegueses Eivind e Amund Vold. Foi no último porteo no que os húngaros tardaron en embarcar e na última recta da carreira, a loita pola victoria estivo claramente reñida entre España, Portugal e Noruega. Mentres os K2 se achegaban ás gradas, o público local non puido facer maior ovación; máis grande o foi cando Ramalho e Pimenta entaron na liña de meta. A embarcación de Lloréns e Plaza proclamábase subcampiona do Mundo. A outra embarcación da selección, formada polo bañezano José Julián Becerro e o corverano Miguel Fernández Castañón finalizaron en octava posición.
A clasificación xeral deulle a victoria a España, seguida de Hungría e do país anfitrión.