Catro novas medallas en Ponte de Lima 2022

A primeira competición da xornada trouxo unha nova medalla á selección española, xa que a kayakista viguesa Alba Esteban e a venezolana residente en Algemesí, Lidia Zornoza, gañaron a medalla de bronce no K2 xuvenil. Dúas medallas virían na categoría seguinte, o C1 masculino Sub23. O padexeiro barrense Jaime Duro, que ao pasar os 30 primeiros minutos de carreira, púxose en cabeza cos húngaros Simon e Horvath. Foi na volta pequena na que Duro se separou dos seus perseguidores e finalmente, proclamouse campión do mundo acadando un novo metal no seu medalleiro. Polo seu lado, Diego Piñeiro, acadou a medalla de bronce.

No K1 feminino Sub23, a conquense Celia Toledo foi undécima e a bizkaina Irene Gana foi 14ª. O C2 xuvenil masculino deu a cuarta medalla do día á selección, o C2 tripulado polos madrileños Izan Velasco e Daniel Infantes acadaron a medalla de bronce. A xornada rematou coa carreira do K1 masculino Sub23, os seguidores da selección tiñamos os ollos postos no pontevedrés Joaquin Iglesias e no zamorano Luís Álvarez. Tras unha dura proba, Iglesias finalizou en 13ª posición, e Álvarez, en 20ª, nun maratón que venceu o sudafricano Hamish Lovemore.

Polo momento, España encóntrase en segunda posición no medalleiro, por detrás de Hungría e un posto por diante de Portugal.