Cinco metales da selección en Račice 2022

Hoxe comezou a primeira tanda de finais da I Copa do Mundo de Račice.

Logotipo de Racice 2022

A primeira final con participación española foi o K4 500 de Pelayo Roza, Albert Martí, Juan Oriyes e Kike Adán na final B, ás 09:51 da mañá. Unha final que este K4 foi vencedor. Ás 10:15 tivo lugar a final B do K1 500 feminino, no que a donostiarra Begoña Lazcano finalizou en cuarta posición. A seguinte participación da selección foi a final B no K1 1000, no que Paco Cubelos acadou a segunda posición, e Pedro Vázquez foi cuarto.

A primeira final A con participación da selección foi o K4 feminino sobre 500 metros, no que participaban dúas embarcacións españolas. O K4 no que padexaba a canguesa Teresa Portela, acompañada de Laia Pèlachs, Carolina García e Sara Ouzande, que foi a marca da tripulación; acadaron o primeiro metal da selección, unha segunda posición que tan só foi superada pola embarcación polaca de Naja, Pulawska, Kakol e Putto. O outro K4 español, que foi noveno, estivo formado por Bárbara Pardo, Elisa Zapata, Miriam Vega e Carla Corral.

O primer ouro da selección veu da man dos actuais subcampións olímpicos, o K4 formado por Saúl Craviotto, Carlos Arévalo, Marcus Walz e Rodrigo Germade, que foron campións facendo un tempo de 1:19.32. Compartiron o podio co K4 ucraniano e lituano, namentres, a embarcación alemana foi cuarta. Marcus non puido subir ao podio, xa que durante eses minutos tiña que disputar a final do K1 500, onde que para a nosa sorpresa, repetiu medalla obtendo unha terceira posición. Os últimos metais da xornada viñeron co C2 500, no que os olímpicos sevillanos Cayetano García e Pablo Martínez proclamaronse campións. Pola súa parte o C2 de Adrián Sieiro e Joan Moreno, foron plata. A derradeira participación española da mañá foi o da ceutí Isa Contreras, na final do K1 500, que finalizou en sexta posición.

A selección finaliza a sesión de mañá con dous ouros, dúas pratas e un bronce, liderando así o medalleiro mundial.