A selección de sprint clasifica á case toda a súa flota ás finais de Račice 2022
Hoxe comezaba a primeira Copa do Mundo de Sprint, no clásico campo de regatas en Račice, na República Checa. Esta primeira xornada, adicada ás eliminatorias e ás semifiniais de case tódalas categorías do evento.

As primeiras en participar serían as padexeiras do K4 feminino, por un lado estaría o K4 da canguesa Teresa Portela, a pontevedresa Carolina García, a xixonesa Sara Ouzande e a bañolesa Laia Pelachs, embarcación que se clasificou á final directa. Polo seu lado, o K4 da antellense Barbara Pardo, a madrileña Elisa Zapata, as asturianas Miriam Vega e Sara Corral, clasificáronse á final A pasando antes pola fase semifinal. A continuación sería o turno do K4 masculino sobre 500 metros, os subcampións olímpicos Saúl Craviotto, Marcus Walz, Carlos Arévalo e Rodrigo Germade, clasificáronse á semifinal na que se atoparían contra os seus grandes rivais; a embarcación alemana de Rendschmidt, Liebscher, Lemke e Schopf (quen sustituiu a plaza de Ronald Rauhe nesta competición). Na semifinal, o K4 clasificouse á final superando en 0.11 s. aos alemáns. Namentres, o outro K4 español, formado polos asturianos Pelayo Roza e Juan Oriyés, o barcelonés Albert Martí e o ribereño Enrique Adán, clasificáronse para a final B.
O seguinte turno da selección sería o C2 feminino sobre 500 m., padexado pola pontevedresa Claudia Couto e a sevillana Julia Espinosa, quenes se clasificaron á semifinal, na que tiveron unha mala regata que ás impediu pasar á final. Non obstante á parella mañá disputarán as eliminatorias do C1 500. Coa mesma embarcación e distancia na categoría masculina, o pontevedrés Adrián Sieiro e o balear Joan Moreno, gañaron a súa eliminatoria acadando así o pase a final directa. Eso mesmo fixeron, na súa eliminatoria, os olímpicos sevillados Cayetano García e Pablo Martínez.
Ás 10.45 sería o turno da eliminatoria do K1 500, no que o olímpico balear Marcus Walz, quen acadou o pase a semifinal, na que tamén conseguiría convertirse en finalista. No K1 feminino sobre 500 m., a donostiarra Begoña Lazcano finalizaría terceira na 1ª heat e a ceutí Isa Contreras sería 1ª na 3ª eliminatoria. Polo seu lado, na semifinal, Lazcano pasaría a final B e Contreras se clasificaría á final A. O K1 1000 sería defendido polo talaverano Paco Cubelos e o asturiano Pedro Vázquez, quenes tras pasar á semifinal, nela os dous se clasificarían á final B. No C1 feminino sobre 200, a pontevedresa Antía Jácome e a madrileña María Corbera, se clasificaron á semifinal, na que se enfrontarán mañá. No C1 masculino sobre 1000, o cangués David Barreiro e o madrileño Diego Domínguez obtiveron o pasé á semifinal, que se disputará mañá. Do mesmo xeito se clasificou o K1 de Isa Contreras, tamén nos 1000 metros.