A selección suma dous novos metales ao medalleiro

A xornada de hoxe celebraría diferentes competicións das categorías xuvenís e sub23, que lle darían dúas novas medallas máis á selección.

As primeiras en participar serían os K2 xuvenil, no que a breoganista Marta Mourelos e a brigantina Sandra Leira acadarían a quinta praza, nunha carreira que liderarían as dúas embarcacións húngaras. Polo seu lado, a padexeira Lúa Cubiella, do Muíño de Ribadumia e Sara Durán, do Portonovo, foron decimoséptimas.

A seguinte saída, ás 08.55, tería a primeira medalla da xornada, por parte do pontevedres Jaime Duro. A carreira do canoista sub23 estivo liderada polo propio Duro, o portugués Sergio Maciel e os húngaros Daniel Laczo e Sebestyen Simon, que padexaban varios metros por diante do resto de competidores. Durante a cuarta das seis voltas, Maciel e o húngaro Simon quedaron atrás e foi despois do último porteo cando Laczo descolgou a Duro. Finalmente na meta se proclamou vencedor, mentres que o pontevedrés se proclamou subcampión; polo seu lado, o portugués pechaba o podio. A outra representación española sería a do madrileño León Villalba, que foi duodécimo.

Ás 14.00 h. sería o turno do K1 Sub23 feminino, no que as representantes españolas foron a conquense Arantza Toledo e a euskera Irene Gana. Despois dunha saída encabezada pola danesa Cathrine Rask, que marcaba un numeroso primeiro grupo, Toledo marcaba o segundo grupo. Foi trala primeira ciaboga cando a conquense empezeu a remontar posicións ata que no primeiro porteo se atopaba no primeiro grupo de cinco, que marcaría en bastantes ocasións. Na última volta, Arantza foise quedando ata finalizar en cuarta posición. As tres primeiras foron para a danesa Rask, a húngara Fekete e a sudafricana Mackenzie. Irene Gana, polo seu lado, finalizou en décima posición.

Pouco tempo despois da saída das rapazas, tivo lugar a saída do C2 junior. A carreira do C2 estivo liderada pola embarcación anfitriona de Adrian e Victor Stepan, perseguido pola parella de madrileños Juan Gómez e Daniel Grijalba, o C2 húngaro e o ucraniano. Remando case toda a regata en solitario, a parella rumana foi a líder, a 22 segundos de diferencia do C2 húngaro de Papp e Csanki e a 26 dos madrileños, que foron bronce.

A xornada deportiva pechou co K1 Sub23 masculino, que tivo unha grande disputa polas primeiras posicións. Na terceira volta, inda se atopaban dez barcos no grupo de cabeza, no que se atopaban o pontevedrés Joaquín Iglesias e o barquense Adrián Prada. Finalizando a cuarta volta, o portugués Concienciao, o danés Thomsen e o arxentino Rodríguez se despegaron do resto, as posicións de podio xa parecían aseguradas. Antes do porteo, a posición do portugués foi sustituída polo sudafricano Hart. No último largo, as dúas primeiras posicións estaban claras, que foron para o danés en primeira posición e o arxentino na segunda. A loita polo bronce quedou en mans dun grupo de seis, que se decidiu a sprint final que lle deu a victoria a Ulvard Hart. Joaquín Iglesias foi quinto e Adrián Prada, séptimo