Iván Alonso proclámase subcampión do mundo

A primeira participación galega da xornada foi a da pontevedresa Jenifer Casal en C1, a única participante da selección na categoría. No primeiro largo, a ucraína Liudmyla Babac e a húngara Zsofia Kisban puxeronse en cabeza separadas do grupo durante as primeiras voltas, nas que Casal se atopaba entre a 4ª e a 7ª posición. Non obstante, no primeiro porteo, a incansable Babac xa deixara atras á súa contrincante maxiar, que sería alcanzada pola bielorrusa Volha Klimava. Finalizando a terceira volta, tralos postos de podio, non houbo formación, cada C1 iba en solitario; Casal iba en sexta posición, por detrás da británica Gill e a canadiense Machintosh. No penúltimo porteo, a pontevedresa embarcou antes que a canadiense e a deixou atrás. A carreira continuou sen cambios de posición entre as vencedoras e Casal acadou a quinta posición, e como era de esperar, a victoria foi para Liudmyla Babac.

De seguido foi o turno do C1 masculino, no que os ollos dos seareiros galegos estaban postos no grovense Tono Campos e o catoirense Fernando Busto. Na primeira ciaboga, o grupo de cabeza estivo formado por Campos, o checo Brezina, o ucraíno Davydov, o ruso Erlinekov, o portugués Maciel e os húngaros Balazs Adolf e Marton Kover, maxiares que non participaran en Shaoxing no 2019. Antes de finalizar o segundo largo, Busto colleu ao grupo de cabeza. Foi na segunda volta cando Campos e os dous C1 maxiares deixaron atrás á formación. Foi no terceiro porteo cando Adolf e Kover deixaron atrás ao galego, que tivo que padexar en solitario durante moitos km. Tras comezar a 7ª volta, con Busto xa descolgado, o ucraniano, o ruso e o checo colleron a Campos, canso tras padexar tantos kilómetros en solitario. A loita polo bronce era inevitable. No comezo da volta curta, a derradeira, Campos quedouse atrás do grupo perseguidor. Na ultima ciaboga, Adolf despegouse do seu compatriota, Kover, a quen venceu sen necesidade de facer un sprint final. Sprint que si fixeron o ucraino Davydov e o checo Brezina, que se resolveu coa victoria do primeiro. Mentres tanto, Campos finalizou sexto, e case dous mínutos despois, entraría en meta Fernando Busto, en séptima posición.

Ás 13.15 hora rumana, tivo lugar o K1 feminino. A zamorana Eva Barrios e a zumaiarra Irati Osa serían as representantes da selección. A saída foi moi igualada, tanto que no segundo largo, catorce K1 formaban o grupo de cabeza, encabezado pola húngara Vanda Kiszli e a británica Samantha Clark; as representantes da selección tamén se encontraban nel. Despois do porteo da cuarta volta, Kiszli tomou lixeira vantaxe sobre grupo perseguidor, do que Irati xa se descolgara. Sería no porteo da seguinte volta, cando a italiana Sussana Cicali se descolgaría do grupo, que nese momento estaba formado por Barrios, as húngaras Kiszli e Voros, a irlandesa Egan, a checa Bedec e as británicas Broughton e Clark. A resolución dos primeiros postos resolveuse a sprint final, que finalizou coa victoria de Kiszli, seguida de Voros e Broughton. Barrios entraría en meta en cuarta posición 16 segundos despois, namentres, Osa sería 13ª.

A xornada deportiva pecharíase co K1 masculino sobre 29.8 km. O tudense Iván Alonso e o riosellano Miguel Lloréns seríTras unha incrible saída que formou un gran grupo de 20 padexeiros, a formación despois de ciabogar non baixou dos 10 integrantes ata o final da segunda volta. O porteo foi o que definiu un pouco máis á formación, que encabezados por Alonso, se atopaban o sudafricano McGregor, os daneses Pedersen e Thomsen, o británico Russell, i arxentino Balboa, os franceses Boulanger e Carré e o noruego Vold. Ao longo dos seguintes quilómetros, a cabeza foi perdendo K1s, ata que no porteo da 5ª volta, as tres primeiras posicións, compostas por Alonso, Pedersen e Boulanger, deixaron atras ao resto. Unha volta despois, o francés quedou atrás e a victoria quedou en mans do galego e o danés; resolución que tivo lugar no último largo, sprint no que Pedersen foi o primeiro, revalidando o título de campión do mundo. Alonso proclamouse subcampión e Lloréns foi sexto, tras coller a moitos padexeiros que estaban no primeiro grupo.