Teresa Portela, subcampiona olímpica en Tokyo
Onte en Tokyo celebráronse as primeiras carreiras de piragüismo en categoría sprint. Nas filas españolas da xornada estarían as da canguesa Teresa Portela, no K1 200 metros e os dous sevillanos Cayetano García e Pablo Martínez, competindo no C2 1000 m. Portela gañou a súa eliminatoria, de tal xeito que se clasificaría directamente á semifinal, evitando así o seu paso pola fase de cuartos. Asemade, na súa eliminatoria fixo o segundo mellor tempo das 5 carreiras, tan solo superada pola imbatible neozelandesa Lisa Carrington. Polo lado do C2 dos xóvenes sevillanos, tamén acadaron a semifinal directa tras ser segundos trala parella alemana de Sebastian Brendel e Tim Hecker.
A semifinal de Portela foi algo máis xusta, xa que obtivo un cuarto posto empatando en tempo coa sueca Linnea Stencils; deste xeito serían 9 as participantes da final, fronte ás 8 establecidas previamente. Do mesmo xeito que a galega, o C2 de García e Martínez tamén se clasificaron coa última posto de clasificación establecido, o cuarto.
Ás 11:37 hora local, Teri Portela tería unha boa saída, que a colocaría entre a segunda e a quinta posición, nun momento no que a neozelandesa xa se atoparía nunha distancia relativa. Nos últimos metros, ela e a danesa Emma Jorgensen se distanciaron lixeiramente do resto de palistas e trala entrada en meta da campiona Lisa Carringron, Portela chegou á meta con 0.17 segundos de diferencia de Jorgensen. Deste xeito, coa medalla de plata, Portela acadou o seu primeiro metal olímpico tras participar en 6 edicións. Minutos despois sería o turno do C2, quenes finalizaron en octava e última posición, non obstante, a súa clasificación á primeira final foi máis que un gran logro, dado á súa xuventude e proxección para a próxima edición dos Xogos Olímpicos.