Prata olímpica para o K4 de Craviotto, Walz, Arévalo e Germade
O sábado 6, o K4 da selección española formado polo ilerdense Saúl Craviotto, o maiorquino Marcus Walz, o brigantino Carlos Arévalo e o cangués Rodrigo Germade, gañou a súa eliminatoria; de tal xeito que non precisaron pasar por cuartos. Polo seu lado, os canoístas sevillanos Cayetano García e Pablo Martínez, quedáronse ás portas da clasificación en cuartos de final.
O día seguinte, o K4 español tamén foi primeiro na súa semifinal, batendo tamén o record olímpico. Dúas horas despois, foi o turno da final. Unha boa saída puxo aos españoles en primeira posición, que manterían ata pasar os 250 metros. Non obstante, o K4 alemán formado por Max Rendschmidt, Ronald Rauhe, Tom Liebscher e Max Lemke superounos no sprint final. Superando ao combinado nacional en tan só 0.226 s. A terceira embarcación sería a eslovaca de Balaz, Mysak, Vlcek e Botek. Deste xeito, Craviotto, Walz, Arévalo e Germade acadarían a terceira prata conseguida polo piragüismo español. Deste xeito, esta olimpíada daríalle ao piragüismo galego, tres medallistas e dous diplomas.