Toda a selección da xornada clasifícase ás semifinais
A mañá de hoxe, no Canal Sea Forest en Tokyo, dábase paso ás eliminatorias do K1 200 metros masculino. A primeira carreira sería a de Saúl Craviotto, quen acadaría a clasificación directa á semifinal. A súa eliminatoria finalizaría co ilerdense en segunda posición, tralo medallista mundial e europeo, o sueco Petter Menning. A seguinte carreira tería como participante nacional ó brigantino Carlos Arévalo, quen tamén se clasificou en segunda posición tralo húngaro Kolos Csizmadia. Un dos seus rivais nestes 200 metros sería o campión olímpico e mundial, Liam Heath, quen tras quedar terceiro, tivo que conformarse para a clasificación semifinalista a traves dos cuartos de final.
A seguinte palista nacional foi o C1 200 da pontevedresa Antía Jácome, que tras unha mala saída, precisou dunha remontada insuficiente para alcanzar as dúas primeiras posicións. Finalizando terceira tivo que conformarse coa clasificación a cuartos de final. O mesmo caso ocorriría coa ceutí Isabel Contreras, en K1 500 m., quen se quedou ás portas da clasificación directa. Polo seu lado, o K2 do talaverano Paco Cubelos e o zumaiarra Íñigo Peña, finalizaron en primeira posición na súa serie, obtendo a clasificación directa.
Nos cuartos de final, tanto Jácome como Contreras, lideraron a súa respectiva carreira, obtendo finalmente a súa clasificación á semifinal.