Entrevista a Antía Jácome
Antía Jácome é unha canoísta pontevedresa nas filas da Escuela de Piragüismo Ciudad de Pontevedra. Na Copa do Mundo e clasificatorio olímpico europeo celebrado en Szeged, Antía participou en dúas categorías; unha delas sería o C2 500, cuxa compañeira comparte o seu nome e procedencia, Antía Otero. Esta categoría tería aspiracións olímpicas, con todo tivo que quedarse ás portas da clasificación por poucos segundos. Padexando de novo con Otero, Jácome tamén competiu no C2 200, no que acadaría a medalla de prata. De tódolos xeitos, as aspiracións olímpicas de Tokyo todavía seguiron ahí, xa que no preolímpico, superou á ribereña María Corbera acadando así a clasificación do C1 200 para os XXOO de Tokyo.
A Contra Vento: Bos días Antía e moitas grazas por realizar esta entrevista.
Antía Jácome: Bos días e grazas por esta entrevista!!
ACV: Como foron os adestramentos nesta temporada tan anómala? Coméntanos un pouco cómo foi e os cambios de rutina que realizaches.
AJ: Pois a verdade que os adestramentos foron bastante ben a pesar de cómo se presentaba a temporada co tema do covid. Tivemos que cambiar bastante a planificación pero puidemos adaptarnos perfectamente e lograr así uns bos resultados.
ACV: En Szeged tiveches unha mala e unha boa noticia, dicir adeus á clasificación con Antía Otero no 500 pero tamén volvíchedes cunha medalla de prata no 200. Contanos como foron as sensacións de ámbalas dúas carreiras.
AJ: O día que non clasificamos quedei bastante tocada, xa que non ia ter outra oportunidade de ir con Antía Otero aos XXOO de Tokio es iso fíxome virme un poquiño abaixo. Por outra parte esta experiencia fíxonos crecer cómo deportistas e como persoas y así poder volver a dar o mellor de nós nas regatas que faltaban. Xuntas conseguimos volver a confiar en nos e demostrámolo entrando na Final do C2 500m conseguindo un 6º posto e esa medalla de plata no C2 200m.
ACV: Finalmente, no selectivo do C1 200, venciches á María Corbera e acadaches a clasificación. Cómo foron as carreiras?
AJ: As carreiras foron bastante parecidas, estaba moi nerviosa, pero eran nervios bós, e moitísimas ganas de competir. Encontreime moi ben nas dúas carreiras e foi todo un luxo que a miña familia estivese alí pra velo e deixarse a voz na grada. Foi alucinante!
ACV: Cóntanos agora como serán os teus obxetivos e a pouca preparación que tes cara os XXOO.
AJ: A verdade que a preparación está sendo un pouco diferente pero tampouco moita ao que xa fixera anteriormente. O meu obxetivo principal sería entrar na final, unha vez conseguido podría seguir soñando e oxalá pelexar por unha medalla, o que sí sei e que non vou poñer límites a este soño!!
ACV: Gracias polo teu tempo. Ánimo no selectivo e se todo vai ben, moito ánimo tamén para Tokyo!
AJ: Mil gracias por todo!!