Szeged 2021 – A selección española clasifica catro novas prazas para os XXOO de Tokyo

As primeiras finais competicións no día de hoxe foron as clasificatorias das categorías paralímpicas.

O primeiro en participar seía o balear Adrián Castaño en KL1, que a pesar de quedarse ás portas da final, a reasignación de prazas con motivo a que hai dous países con dúas embarcacións na final, dalle o paso para os Xogos. Por outra parte, os Adrián Mosquera e Javier Reja no VL3 e o KL3 de Juan Antonio Valle clasificáronse á final que terá lugar mañá.

No C1 feminino sobre 200, a madrileña María Corbera gañou a súa final, acadando así a clasificación olímpica á espera da final do C2. A seguinte final, o K1 500, de novo conseguiu unha victoria española co liderazgo da ceutí Isa Contreras, que acadaba unha das dúas prazas que dan acceso a Tokyo. Entre as finais de onte pola tarde, o C2 dos sevillanos Tano García e Pablo Martínez, deron a sorpresa cunha clara victoria que lles deu a clasificación. Por outra banda, as pontevedresas Antía Jácome e Antía Otero, tiveron que despedirse da clasificación tras finalizar en quinta posición. Máis axustada sería a pérdida da praza da pontevedresa Carolina García e a xixonesa Sara Ouzande que finalizaron en terceira posición a tan solo 1 segundo da clasificación.