Teresa Portela gaña o selectivo nacional
O selectivo de 200 metros celebrado en Verducido, concentrou á canguesa Teresa Portela (UCAM), á tudense Lara Feijóo e á xixonesa Sara Ouzande (ambas do Kayak Tudense), á madrileña Elisa Zapata (CEP Aranjuez), á emeritense Teresa Tirado (Iuxtanam Mérida) e á zamorana Mirella Vázquez (Fresno Ribera). O selectivo non só designaría á candidata á Copa do Mundo de Szeged e consecuentes olimpíadas de Tokyo, senón que tamén puntuará para a selección do K4 500 que acudirá ao Europeo e ao Mundial deste ano.
Teresa Portela corroborou que é a mellor kayakista nesta distancia, superando con case media embarcación á segunda clasificada, Sara Ouzande, quen tamén superou cunha distancia considerable, case toda unha embarcación, á terceira clasificada, Mirella Vazquez. Deste xeito, Portela se convertirá de maneira definitiva, na primeira deportista española participante en seis XXOO.