O K4 de Craviotto, Cooper, Arévalo e Germade será o que represente a España nos Xogos de Tokyo

Despois de guerras internas e demandas entre o adestrador Miguel García, os seis candidatos a conformar o K4, e as acusacións feitas polo expresidente da federación, Juan José Román Mangas e o Club Fluvial de Lugo, a federación comunicou que o K4 elexido para representar a España este verán nos Xogos Olímpicos de Tokyo, estará conformado polo ilerdense Saúl Craviotto, o maiorquín Marcus Cooper Walz, o brigantino Carlos Arévalo e o cangués Rodrigo Germade.
Esta embarcación, que foi a que acadou a praza no mundial de 2019, entre os diferentes tests que se realizaron, foi o que mellor tempo acadou. Ante esta victoria no crono, o seu adestrador expuxo que tendo en conta consideracións como o número de paladas e frecuencia de palada similares, considera que está é a combinación con mellor compenetración e sincronización. A conclusión do proceso selectivo resolverase definitivamente en Maio na Copa do Mundo de Szeged. A RFEP indicou que os padexeiros non seleccionados no proceso, Isaac Toro e Carlos Garrote, seguirán adestrando tendo en conta a situación actual de pandemia ou calquer outra eventualidade fronte ao que podería sufrir a actual formación e precisase de un reforzo inmediato.