Carlos Arévalo gaña o selectivo de K1-200 con destino aos Xogos Olímpicos
A primeiro selectivo en Trasona foi o K1-200 metros, que reunía ao leridano Sául Craviotto, o brigantino Carlos Arévalo, o cangués Rodrigo Germade, o mallorquino Marcus Cooper Walz, o zamorano Carlos Garrote e o lucense Isaac Toro.

Carlos Arévalo liderou as dúas tiradas de 200 metros, rexistrando un tempo de 35.204 e 34.643, nas dúas a segunda posición foi o bicampión olímpico Saúl Craviotto, quen entrou en meta por detrás do brigantino con 599 milésimas e 134 milésimas nas dúas carreiras. Vencendo as dúas tiradas, non foi necesario facer unha terceira xa que Arévalo se considerou o mellor palista nesta distancia. Parabéns e moito ánimo para Tokyo.