Once medallas na Copa do Mundo de Szeged
Este fin de semana, tivo lugar a Copa do Mundo de Sprint, na localidade húngara de Szeged, coñecida como a meca do piragüismo.

Ó comezo da mañá do venres tiveron lugar as eliminatorias das categorías individuais de 200 metros, a continuación as dos 1000 metros e ao final da mañá foi o turno das categorías indivuais e dobles sobre os 500 metros. Nesta mañá destacaron as participacións do K2 500, onde a parella do tomiñés Roi Rodríguez e o barcelonés Albert Martí clasificáronse directamente á final tras rematar en segunda posición na súa carreira. Do mesmo xeito, os asturianos Pelayo Roza e Pedro Vázquez tamén se clasificaron á final tras ser terceiros na súa eliminatoria. Polo seu lado, a madrileña María Corbera fixo o mesmo gañando a súa eliminatoria. No C2 500, as embarcacións dos mallorquinos Sete Benavides e Toni Segura e a do madrileño Ignacio Calvo e o sevillano Pablo Martínez tamén tiveron clasificación directa finalizando terceiros na súa respectivas eliminatorias.
Na segunda media xornada, o K2 500 da banyolesa Laia Pèlachs e a donostiarra Begoña Lazkano clasificaríanse á final tras gañar a súa semi; na mesma carreira, na que tamen participaron a galega Lara Feijóo e a xixonesa Miriam Vega, clasificáronse a final B tras rematar en quinta posición. No C2 200 feminino, as compañeiras pontevedresas Antía Jácome e Antía Otero finalizaron en terceira posición na eliminatoria e se clasificaron para a final. Final na que tamén estarían María Corbera e Patricia Coco, quenes tiveron que pasar pola semifinal. O K1 500 do madrileño Kike Adán finalizaría en cuarta posición na súa semifinal, feito que o clasificou á final B. O C2 1000 metros non sería aquel clasificado no selectivo, xa que Adrián Sieiro non acudiu por motivos persoais, quenes ocuparon o seu lugar serían Ignacio Calvo e Pablo Martínez, quenes tras acabar a cuarta posición na eliminatoria, pasaron pola semifinal, onde foron segundos e se clasificaron á final. Como xa sucedera nos 500 m., Roi Rodriguez e Albert Martí se clasificarían a final directa dado o seus resultados na eliminatoria do K2 1000; algo que tamén lle sucedeu ao vixente K2 subcampión do Mundo, o talaverano Paco Cubelos e o zumaiarra Íñigo Peña, quenes aseguraron así, dúas embarcacións españolas na final do K2 1000. Rematando a xornada, o medalleiro español estrenaríase co paracanoe emeritense Juan Valle, que acadaría a medalla de prata en KL3 200, nunha regata na que o rianxeiro Adrián Mosquera, foi cuarto.
O sábado, antes de cumplirse a primeira hora de competicións, os C1 de Antía Jácome e de María Corbera clasificaríanse ás finais do 200 metros. A continuación, na primeira final da xornada con participación española, a final B do K1 500, Kike Adán finalizou en novena posición. Na final B do K2 500, Lara Feijóo e Miriam Vega foron sextas; e na primeira final, Laia Pèlachs e Begoña Lazkano serían novenas. A boirense Raquel Dacosta foi segunda na final B do C1 500, e na primeira final, María Corbera, acadaría a medalla de bronce, nunha carreira liderada pola ucraniana Liudmyla Luzan. Na final da canoa feminina individual sobre 200 metros, Corbera e Jácome serían 6ª e 7ª respectivamente, nunha regata na que gañaría a estadounidense Nevin Harrison. Esa mesma mañá, Kike Adán disputou outra final B, esta ocasión sería sobre 200 metros, na que sería séptimo. Ás 12:42 tería lugar unha gran carreira para a selección, xa que Roi Rodríguez e Albert Martí proclamaríanse campións e Pelayo Roza e Pedro Vázquez acadarían a medalla de prata. No C2 500, Sete Benavides e Toni Segura finalizaron en sexta posición tras estar en posición de podio durante a primeira metade, a outra embarcación española, a de Ignacio Calvo e Pablo Martínez, foi séptima.
Na segunda media xornada, na semifinal do K1 500, a ceutí Isabel Contreras clasificaríase á final tras gañar a súa semi, namentres, a outra padexeira española, a mallorquina Alicia Heredia, foi cuarta e competiría na final B. Rematando a xornada, o K4 masculino formado por Roza, Vázquez, Borrás e Adán non ocuparon a final directa na eliminatoria e tiveron que clasificarse á semifinal, namentres, a embarcación feminina de Pèlachs, Lazkano, Contreras e Vega, finalizou terceira na eliminatoria e obtivo a clasificación directa. A última medalla do día sería a do paracaneo Juan Valle en KL3 500, que acadou a medalla de ouro con 1.72 segundos do húngaro Erik Kiss, o outro padexeiro nacional sería Adrián Mosquera, que foi quinto. Namentres, os dous K2 mixtos da selección, o de Borrás e Vázquez e o de Adán e Feijóo, non acadaron clasificarse á final.
A xornada de hoxe domingo, arrancou coa semifinal de C1 200 metros, onde Toni Segura clasificaríase para a final, na que Sete Benavides xa se clasificara na eliminatoria. Namentres, na semifinal do K4 500 de Roza, Vázquez, Borrás e Adán tamén se clasificou á final. A semifinal do C1 masculino sobre 500 metros, tivo como participante ao cangués David Barreiro, quen finalizou en 4ª posición e clasificouse a final B, na que sería sexto. No C2 500, as pontevedresas Jácome e Otero, quedaron ás portas do podio por tan só 0.06 s. na final do C2 500; nunha regata na que María Corbera e Patricia Coco foi séptima. A final do K1 500 metros tivo unha gran desputa entre a ceutí Isabel Contreras e a lusa Joana Vasconcelos, en cuxa final, ámbalas dúas se miraron entre elas sen saber quen gañara. O resultado da foto finish comprobou a victoria de Vasconcelos, cun 0.04 segundos de vantaxe fronte a Contreras, quen se conformou coa medalla de prata. A final do K2 1000 metros tivo dous K2 da selección, o do vixente subcampión do Mundo Paco Cubelos e Íñigo Peña e o de Roi Rodríguez e Albert Martí. Durante os primeiros 400 metros, Rodríguez e Martí estiveron en cabeza, a partir da metade da carreira, Cubelos e Peña empezaron a colocarse nas primeiras posicións, finalmente remataron en terceira posición por detrás do K2 francés e italiano. A final do kilometro de C2 tivo como nacionais a Ignacio Calvo e Pablo Martínez, quenes finalizaron en octava posición. Na canoa individual sobre 200 metros, Sete Benavides volveu a demostrar o seu nivel na velocidade acadando a medalla de bronce por tan só 1 centésima de segundo da prata (o xeorxiano Zaza Nadiradze) e 3 décimas do ouro (o ruso Ivan Shtyl). Toni Segura, na mesma carreira, finalizou en séptima posición. Na distancia curta en K2 feminino, Lara Feijóo e Mirella Vázquez foron sextas nunha carreira que de novo tería victoria rusa. O 200 metros do C2 feminino foi unha grande alegría para a selección, xa que a parellas das Antías Jácome e Otero proclamouse campiona e a de María Corbera e Patricia Coco foi subcampiona. O K4 feminino 500 de Pèlachs, Lazkano, Contreras e Vega finalizou en sexta posición nos 500 metros nunha carreira liderada pola embarcación ucraniana. E o K4 másculino da selección formado por Roza, Vázquez, Borrás e Adán que se clasificara na semifinal, deu un gran espectáculo nunha emocionante carreira na que quedou ás portas do podio por 0.03 segundos, nunha regata liderada polo K4 francés. A Copa do Mundo finalizou cos 500 metros, a primeira competición sería o C1 feminino, no que María Corbera sería subcampiona a tan só 0.21 s da chilena María Mailliard, e Raquel Dacosta sería novena. O turno da canoa masculino tería como representante da selección a Ignacio Calvo, que foi décimo. O kayak feminino tivo padexeira española a Miriam Vega, que finalizou en undécima posición. Rematando a xornada e a competición, os últimos en competir sería o K1 masculino, que tería como padexeiros aos incansábeis Roi Rodríguez e Albert Martí, que tras ser campións e finalistas en dúas categorías de K2, foron noveno e decimosexto respectivamente.
No medalleiro final, España sería sexta por detrás dos anfitrións húngaros, Rusia, Ucrania, Italia e Portugal. En paracanoe, a selección sería quinta nunha categoría na que Rusia arrasaría con 21 medallas, 13 de elas ouros.
Noraboa a todos!