Doble medalla para Germade, Toro, Garrote e Walz en Račice 2017

Este fin de semana disputouse o XLIII Campionato do Mundo de Piragüismo de Pista na villa checa de Račice, celebrado dende o mércores 23 ao domingo 27 e onde o kayak masculino foi o dominante no equipo español.
As primeiras finalistas españolas en competir serían Adriana Paniagua e Patricia Coco, que finalizaron en octava posición na final do C2 500 a mañá do sábado. A continuación sería o turno do vigués Roi Rodríguez, que sería noveno nunha final liderada polo alemán Tom Liebscher. A seguinte final con participación española sería a que traería o primeiro metal para a selección, a prata acadada polo lucense Cristian Isaac Toro e Carlos Garrote no K2 200 metros, nunha final na que venceu o K2 húngaro de Balázs e Márk. No C1 sobre 200 metros, o maiorquino Alfonso Benavides sería octavo nunha carreira liderada polo bielorruso Artsem Kozyr. A continuación, a medalla de ouro viría de máns do cangués Rodrigo Germade e do maiorquino Marcus Walz, que batiron aos seus adversarios no K2 500 metros.
A mañá do domingo e tras unhas difíles semifinais, o C2 1000 dos poienses Sergio Vallejo e Adrían Sieiro, o K1 200 da canguesa Teresa Portela e o K1 200 do brigantino Carlos Arévalo, non conseguiron clasificarse ás primeiras finais, pero as tres embarcacións gañaron a respectiva final B. De seguido, o K4 do tudense Óscar Carrera, o tomiñés Ruben Millán e os asturianos Javier Hernánz e Javier Cabañín foron cuartos, a menos de 1 segundo da presea nos 1000 metros. A continuación, a banyolesa Laia Pelachs sería sexta na final de K1 1000 metros e no C1 200 feminino, a maiorquina Adriana Paniagua sería novena. No C2 200, os maiorquinos Sete Benavides e Antoni Segura foron quintos nunha final liderada pola canoa doble dos rusos Kovalenko e Shtyl. No K1 500 metros Roi Rodríguez estivo a piques de acadar a presea, finalizando cuarto a tan so 0.032 do bronce do K1 ucraniano. A seguinte final con representación española sería a do K4 500 formado pola asturiana Sara Ouzande, a donostiarra Begoña Lazkano, a ceutí Isabel Contreras e a maiorquina Alicia Heredia, que finalizaron en octava posición. A derradeira presea en velocidade sería para o K4 formado polos anteriores medallistas: Rodrigo Germade, Cristian Toro, Carlos Garrote e Marcus Walz, que acadaron unha medalla de prata por detrás do K4 alemán.
Nas finais de fondo sobre 5000 metros, a primeira participación sería para o C1, no que o murciano Mohssine Moutahir finalizaría en 13º posición nunha carreira liderada polo alemán Sebastian Brendel. No K1 feminino, a zamorana Eva Barrios sería a encargada de defender a distancia, finalizando en séptima posición nun 5000 liderado pola húngara Dóra Bodonyi e finalmente, no K1, Rubén Millán foi quinto nunha regata na que venceu o portugués Fernando Pimenta.
Con un ouro e dúas pratas, a selección española foi novena no medalleiro, que estivo liderado pola selección alemana, seguida da húngara e rusa.