Resultados Selectivo de Pista 2017
A primeira final en realizarse foi o C2 1000 masculino, a que tivo como vencedor a Adrián Sieiro e Sergio Vallejo, do Club de Piragüismo Poio. O C2 poiense impuxose en 3,5 segundos aos segundos clasificados, Mohssine Moutahir e Gonzalo Martín, do UCAM Pinatarense e o Náutico Sevilla, respectivamente e a David Fdez. Marqués (Mar de Avilés) e a Sete Benavides (Puerto Pollença), por 5,9 segundos. A seguinte final sería para o K1 200 masculino, que tería un axustadísimo final que liderou Saúl Craviotto (34,303), diante de Carlos Garrote (34,330) e Carlos Arévalo (34,343); tan sólo 4 centésimas de segundo de diferencia entre os tres kayakistas. A seguinte final sería para o C1 200 feminino, no que Patricia Coco, do Cisne Valladolid, liderou a carreira con 0,538 segundos por diante de Adriana Paniagua do Náutico de Palma e 1,668 segundos de Mª Belén Diaz do Piragüismo Badajoz. Ás 12:20 da mañá do xoves tería lugar a saída do K1 200 feminino, no que Sara Ouzande (Gauzón Cabo Peñes) deu a sorpresa tras gañarlle a canguesa Teresa Portela con case un segundo de diferencia e 2,173 segundos por diante de Alicia Heredia do Náutico Palma. A seguinte e derradeira saída da mañá do xoves foi para o C1 200 feminino junior, na que Antía Jacome da E.P. Ciudad de Pontevedra venceu a María Pérez do Muíño de Ribadumia e a Andrea Vázquez do Rías Baixas.
A tarde do xoves, foi o turno dos paralímpicos, na que a praza do HSK L2, foi para o paralímpico Javier Reja do Náutico Sevilla, o MSK L3 foi para Elena del Mar Naveiro do CMDC Breogán e o HSK L1 foi para o padexeiro do Náutico de Palma, Adrián Castaño. Mentres tanto a categoría HSK L3, a victoria e praza conseguida foi para Juan Antonio Valle do Iuxtanam de Mérida. Ás 17:30, Javier Reja tamén obtiña a praza do HSV L2 e Alonso Martínez obtiña a praza do HSV L3.
A primeira final do venres tivo lugar ás 09:20 co K1 500 feminino, no que Begoña Lazkano, do Donostia Kayak, vencía cun tempo de 01:55,384, por diante de Alicia Heredia (01:56,057) e Sara Ouzande (01:57,519). A seguinte final foi a do C2 500 feminino na que Patricia Coco e Adriana Paniagua conseguían a victoria. No C1 1000 masculino, Adrian Sieiro repetía a victoria do C2, tras liderar a súa carreira por diante do seu compañeiro de clube Sergio Vallejo e do tudense Brais Casás. No K1 1000 masculino, o campión olímpico Marcus Cooper Walz do RCN Portopetro, liderou a súa carreira fronte a Roi Rodríguez do Kayak Tudense e Pedro Vázquez do Jaire Aventura; como curiosidade, apuntar que os tres, e realmente os cinco vencedores desta carreira, son sub23. A seguinte final foi a do C2 1000 masculino junior, na que venceron Noel González (Breogán do Grove) e Pablo Graña (Rodeira de Cangas). Namentres, no K1 500 feminino junior, a victoria foi para Carolina García, da E.P. Ciudad de Pontevedra, mentres que no kayak masculino sobre 1000 metros, o vencedor foi Iván Rodríguez, do Jaire Aventura. Ás 12:20 realizouse unha carreira selectiva tanto para as categorías sub23 como junior, no C2 500 feminino, onde a victoria foi para Antía Jacome (EPCP) e María Pérez (O Muíño). No K2 500 feminino na categoría absoluta, as vencedoras foron Begoña Lazkano (Donostia) e Isabel Contreras (Delfíns de Ceuta), 00,105 segundos por diante de Alicia Heredia (Naútico Palma) e Laia Pelachs (Banyoles) e 02,385 de Sara Ouzande (Gauzón) e Miriam Vega (RGCC).
Finalmente, as únicas carreiras desta mañá, foron o K2 1000 masculino e o C2 1000 masculino sub23, na primeira categoría, Francisco Cubelos (Talavera Talak) e Íñigo Peña (Zumaiako), derrotaron aos seus rivais, con Rodrigo Germade e Óscar Carrera, do Ría de Betanzos como segundos clasificados e Javier Hernánz (RGCC) e Pedro Vázquez (Jaire Aventura), como terceiros clasificados. No C2 1000 sub23, os vencedores foron Mohssine Moutahir e Gonzalo Martín, cun tempo de 03:52.261.